"AS PITAS BAIXO A CHOIVA":
É un relato breve que narra un feito anecdótico da infancia do autor.
"Cando Ricardo ve desde a fiestra da casa que as pitas estanse a mollar......." Que lles pasará ás pitas? E a Ricardo e á súa avoa?
Para pescudalo pica na seguinte ligazón:
Espero que gozásedes moito do conto!!
Agora quen se anima a elaborar "pitas"?? Colle caixas de ovos e comezamos...
MERENDAS POPULARES GALEGAS DAS NOSAS FAMILIAS :
Hoxe gustaríanos facer mención dun día moi especial "O DÍA DA FAMILIA". Como ben sabedes, onte fixemos unha entrada moi peculiar para conmemorar este día . Nestes momentos,
puidemos gozar de moitas actividades en familia como o noso protagonista
Ricardo.
A Ricardo, cando era pequeno, encantáballe pasar o verán cos seus avós na casa da aldea. Pasaba o tempo mirando ás galiñas, como comían e escarabellaban na terra. Igualmente gozaba dunhas ricas merendas que lle preparaba a súa avoa....
Merendas como:
Bocata de manteiga, azucre e cacao..
E os teus papis e avós que merendaban?
PROPOÑÉMOSVOS UN "RETO":
Cóntanos como eran as merendas dos teus papis e avós.... Tamén podedes enviarnos fotiños..
Con todas as receitas e fotos encantaríanos elaborar un magnífico RECEITARIO..
Animarvos!!
PARA COÑECER MÁIS SOBRE RICARDO CARVALHO pica na seguintes
ligazóns, onde poderás gozar de actividades e dun escape room online...
Xa verás que divertido!!!!
https://view.genial.ly/5ea84324637c610dbf867ff2/game-breakout-letras-galegas-2020http://seminariogalan.org/inicio/ver/463
No hay comentarios:
Publicar un comentario