miércoles, 20 de mayo de 2020

PROPOSTA DE MÚSICA: CANCIÓN DÍAS DA SEMANA


E hoxe imos lembrar unha canción do cole. Xa fai moito tempo que igual non a escoitades e pode, que algún ou algunha non a recorde de todo, por iso, hoxe facemos como proposta do día practicar esta canción que tanto nos axuda a aprender os días da semana. Ademáis vai acompañada de Signos (da LSE) para que tamén os practiquedes. Esperamos que vos guste. 




Seguro que moitos xa traballades os días da semana dende a casa pero igual vos apetece cambiar o modelo de rexistro que tedes para facelo... aquí vai un que podedes coller. Dependendo da idade e madurez d@ nen@ podedes traballalo de diferentes formas: dando pistas polas cores, facendo que recorten a etiqueta e a coloquen no recadro que corresponda, elexindo a opción de escribir o nome do día (con modelo ou sen modelo) ou decilo en Lingua de Signos...elexide a opción que máis vos conveña, todas son válidas!



E por se a queredes imprimir, aquí vos vai en formato PDF: 




Aproveitamos para facer un recordatorio ás familias:

Están colgadas, no blogue da biblioteca, as enquisas destinadas ás familias. Se tedes un par de minutiños agradecemos que as cubrades xa que os seus datos axudan a mellorar os servicios e actividades ofertados durante o curso por parte da Biblioteca Escolar. Tedes de prazo ata o día 25 de maio. Graciñas pola vosa colaboración e feliz día!


Podedes acceder ás enquisas clicando neste enlace:


No hay comentarios:

Publicar un comentario