miércoles, 18 de diciembre de 2019

Contacontos con familia

Hoxe os alumnos de Infantil tivemos a oportunidade de pasalo xenial no contacontos de Lía e a súa nai. 
Grazas por facernos pasar un rato tan agradábel






martes, 17 de diciembre de 2019

Chega o nadal a Gondomar

O pasado luns acudiu a escola Gundomar para convidarnos a pasar o nadal na nosa localidade e para darlle un pouco máis de simbolismo a estas datas contáronnos un bonito conto
"Adivina cuanto te quiero en invierno"




lunes, 16 de diciembre de 2019

Obradoiros contra a violencia de xénero 25 N

Polo día da violencia de xénero realizamos uns obradoiros moi divertidos todo baseado na canción de Melendi con Alejandro Sanz y Arkano " Déjala que baile"

















jueves, 14 de noviembre de 2019

Videoclip " La brujita tapita"

Polo Samaín realizamos varios obradoiros: elaboramos esqueletes, morcegos, bruxas e paisaxes tenebrosos co fin de facer un decorado para gravar o Videoclip da canción que estiveron preparando nas sesións de música. Aquí vos deixamos a gran representación que fixemos empregando o Chroma da aula Creativa.


jueves, 24 de octubre de 2019

VENDIMA INFANTIL 2019

A PASADA SEMANA INAUGURAMOS OS NOSOS OBRADOIROS DE INFANTIL COA TAN ESPERADA VENDIMA. AINDA QUE O TEMPO NON ACOMPAÑOU PUIDEMOS APAÑAR, DEBULLAR E PISAR AS NOSAS UVAS COMA TODOS OS ANOS. GRAZAS ÁS NOSAS MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES POR ACOMPAÑARNOS E AXUDARNOS NESTA ACTIVIDADE... AQUÍ VOS QUEDAN AS IMAXES DO BEN QUE NOLO PASAMOS.


martes, 22 de octubre de 2019

Aulas abertas


Esta semana estivemos xogando nas diferentes aulas cos compañeiros de ciclo. Podíamos acudir a aula de xogo simbólico, construcións, xogos e movemento. Ao longo da semana todos fomos pasando por cada unha delas e compartimos momentos moi divertidos, facendo novos amigos e pasándoo ben.



viernes, 28 de junio de 2019

FESTA FIN DE CICLO 5 ANOS

A semana pasada celebramos a festa de final de ciclo dos nenos e nenas de 5 anos, que xa pasan a Primaria! Convidamos aos nosos compis e ás familias, preparamos a decoración, o convite... 
Foi marabilloso compartir estes tres anos, medrar xuntos e aprender en tan boa compañía. 

MOITA SORTE EN PRIMEIRO E BO VERÁN!!!

domingo, 16 de junio de 2019

Cucañas

Este ano non puidemos facer festa da auga, polo que propuxemos uns xogos onde o pasamos igual de ben


martes, 11 de junio de 2019

Obradoiros de Auga

Este último mes, os obradoiros internivel tiveron como temática a auga...Cociña, experimentos, arte e psicomotricidade foron os 4 obradoiros que estiveron abertos e os alumnos puideron elexir a cal querían acudir.

martes, 4 de junio de 2019

Xoaniña 2019

Os alumnos de infantil para participar na Xoaniña elaboraron un conto viaxeiro sobre África. A historia e a ilustración foi realizada polas tres aulas de infantil.


viernes, 24 de mayo de 2019

Eleccións en Infantil

Hoxe nas asambleas de 4 e 5 anos xurdiu o tema das eleccións.
Entre todos fixémonos unha idea do que era "votar" pero... o certo é que o significado deste acto tan importante é vivilo en primeira persoa, polo que montamos unhas votacións
- Creamos a mesa electoral
- Cubrimos as nosas papeletas
- Dimos mitins a favor das dúas opcións
- Buscamos o nosos identificativo ou DNI
- Facemos cola por votar
- Realizamos o renconto
-Somos consecuentes ca decisión da maioría

miércoles, 15 de mayo de 2019

Día da Familia 2019

O 15 de maio celebráse o Día da Familia. Aínda que non é tan popular como outros días que tamén se celebran ao largo do ano, no cole dámoslle unha importancia especial xa que todos temos unha familia na que arrouparnos e coa que compartir momentos especiais. 
Este ano celebramos este día cuns obradoiros nos que fixemos os agasallos que posteriormente levaríamos ás casas...Da man dos contos "Un puñado de botones" e " Cartas en el bosque" demos comezo aos obradoiros e este foi o resultado.
 Feliz Día da Familia para todos!!!


jueves, 2 de mayo de 2019

Reforestación

O pasado 12 de abril todos os alumnos do cole fomos o Monte Galiñeiro para plantar diferentes árbores autóctonas para lograr que o noso monte volva a ser verde.
 A tarefa foi realizada ca axuda dos padriños lectores , foi unha marabillosa xornada de convivencia e concienciación.

Todos nós queremos un monte verde.

viernes, 12 de abril de 2019

Exposición anual

Este trimestre realizamos a nosa exposición anual na biblioteca.
 O tema deste ano foi " África é..."

lunes, 25 de marzo de 2019

Aladín!

O pasado mércores 20 fomos o teatro Ártika para ver unha fermosa obra musical. Os nenos pasárono en grande cas diferentes persoaxes e a alfombra máxica. Logo do espectáculo tocou merendar e xogar nun parque marabilloso

viernes, 15 de febrero de 2019

DÍA DO AMOR E DA AMIZADE


E ESTA SEMANA PARA CELEBRAR O DÍA DO AMOR ELIXIMOS UN CONTO MOI ESPECIAL "LA GRAN FÁBRICA DE LAS PALABRAS" NO QUE AS PALABRAS CUSTABAN DIÑEIRO E HABÍA QUE ESCOLLELAS MOI BEN. PERO AS VECES NON FAI FALTA MOITAS PALABRAS PARA DICIR COUSAS BONITAS... APRENDIMOS ASÍ A ENVIAR MENSAXES CON COMIDA, PINTURA, DEBUXOS E ALGUNHAS PALABRAS QUE NOS GUSTABAN... VELAQUÍ OS OBRADOIROS QUE FIXEMOS ESTA SEMANA SOBRE ESTA TEMÁTICA QUE NOS SERVIRÁN PARA SEGUIR CULTIVANDO A AMIZADE E O AMOR NAS PRÓXIMAS SEMANAS...


amor 2019

jueves, 7 de febrero de 2019

DIA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

ESTE CURSO PARA CELEBRAR O DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ TRASLADÁMONOS ATA O CONTINENTE AFRICANO. DA MAN DO CONTO "EL MURO" DE JAVIER SOBRINO, COÑECIMOS A HISTORIA  DUNS ELEFANTES QUE POR NON QUERER COMPARTIR CON OUTROS DECIDIRON FACER UN MURO QUE DIVIDIRÍA A SABANA...ESTE MURO REMATOU SENDO UN PROBLEMA  FUTURO COA CHEGADA DA TEMPORADA DAS CHOIVAS FACÉNDOLLES VER A IMPORTANCIA DA AMISTADE, O COMPAÑERISMO E DO TRABALLO EN EQUIPO. UNHA BONITA FÁBULA SOBRE LOS LIMITES DE LAS FRONTERAS Y LOS PREJUICIOS.

ASÍ QUE POR EQUIPOS, COMA NOS GUSTA A NÓS CELEBRAR AS COUSAS, DECIDIMOS PREPARAR UNHAS OLIMPIADAS MOI ESPECIAIS NA QUE BANDEIRAS, DORSAIS E MEDALLAS TIÑAN MOITO QUE VER CO DÍA DA PAZ... ESPEREMOS QUE GOCEDES DOS NOSOS OBRADOIROS.