O pasado 25 de novembro celebrouse o Día Internacional contra a Violencia de Xénero e dende o ciclo de infantil quixemos deixar claro que estamos totalmente en contra de calquera tipo de violencia, por suposto, tamén en contra da violencia de xénero. Eleximos o conto "Cuando las niñas vuelan alto" de Raquel Díaz Reguera para facer pensar aos pequenos todas aquelas cousas que ás veces nos impiden conseguir aquilo co que soñamos e despois fixemos un obradoiro moi especial, no que tecimos as nosas alas para voar ben alto. Entre todos rematamos o traballo cun mural colectivo no que deixamos claro o noso rexeitamento a este tipo de actitudes. Mirade que chulo quedou!!
miércoles, 28 de noviembre de 2018
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
-
Celebramos a graduación do alumnado de 6.º de Educación Infantil nun acto cheo de emocións, no que familiares e compañeiros compartiron es...
-
Maio tráenos a primavera en todo o seu esplendor, polo que é o momento adecuado para pasalo ben cos elementos do entorno acercándonos as nos...
-
Chega o Samaín e con el, os obradoiros internivel, cheos de alegría, facemos maxia cada un dos días! Podedes botar unha ollada clicando na ...