lunes, 18 de mayo de 2026
viernes, 15 de mayo de 2026
Obradoiro de Maio
Maio tráenos a primavera en todo o seu esplendor, polo que é o momento adecuado para pasalo ben cos elementos do entorno acercándonos as nosas tradicións.
Cada conmemoración convértese nunha oportunidade para aprender dun xeito lúdico, crear recordos e seguir medrando xuntos.
jueves, 14 de mayo de 2026
Visita da policia
Hoxe en Infantil vivimos unha mañá moi especial coa visita da Policía Local, unha experiencia chea de aprendizaxes e ilusión para os nosos peques. Coñecer de preto o traballo que realizan, ver o seu uniforme e descubrir como nos axudan no día a día foi algo que espertou moita curiosidade e entusiasmo entre todo o alumnado.
Algo que nos encanta en Infantil é ter visitas dos familiares dos nosos peques, e esta vez foi compartida por todo o alumnado de infantil. Grazas a Eloy por compartir este ratiño con nós e facer dunha mañá normal algo moi especial.
A través desta visita, os nenos e nenas puideron aprender sobre a importancia de respectar as normas, coidar dos demais e valorar o traballo das persoas que velan pola nosa seguridade. Sen dúbida, foi unha xornada para lembrar!
Saída ao Teatro
O pasado 5 de maio acudimos ao teatro AFUNDACIÓN para gozar dunha obra de monicreques infantil.
A historia captou a atención dos pequenos e aínda que non puidemos acudir ao parque foi unha excursión que nos gustou moito.
-
O pasado venres recibimos no cole a visita dalgúns dos membros da escola de música de Vincios. Ademáis de explicarnos algúns instrumentos e...
-
O venres día 11 de Abril fíxose na Biblioteca do cole a exposición dos traballos feitos polo nen@s arredor do proxecto traballado este ano; ...
-
Fiesta agua infantil 2017 from librincios on Vimeo .