O pasado mércores fomos a Gondomar para pasar un día xenial: levar as postais a correos, merendar e pasear polas rúas.
viernes, 20 de diciembre de 2024
jueves, 19 de diciembre de 2024
Obradoiro de Nadal
Este mes os obradoiros internivel estiveron relacionados coa actuación que mañá realizaremos no festival de panxoliñas!!
Preparádevos para pasalo Xenial véndonos bailar !
Bo Nadal
martes, 10 de diciembre de 2024
Obradoiro 25 N
Este ano para traballar o 25 e sensibilizar aos peques representamos o conto "Maruxa". Logo elaboramos uns ricos bolos de pan.
miércoles, 13 de noviembre de 2024
martes, 29 de octubre de 2024
Obradoiro Samaín
A pasada semana realizamos una obradoiros para dar comezo o tempo do Samaín, este ano estiveron relacionados co conto " O mounstruo e a nena".
Pasámolo xenial
domingo, 30 de junio de 2024
PSICO E INFORMÁTICA
Durante este curso ademais dos obradoiros interciclos, divertidas propostas, receitas de cociña e experimentos en cada unha das aulas, os nenos/as tamén aprenderon desfrutando do movemento nas clases de psico e do pensamento computacional.
Deixamos unha pequena mostra do ben que o pasamos!!!!!
viernes, 10 de mayo de 2024
OBRADOIRO DÍA DA TERRA
Para conmemorar o día da terra (22 de abril) decidimos facer un obradoiro partindo do conto "Siembra un beso". A través deste conto poidemos traballar contidos tan importantes como o coidado da nosa terra así como a importancia de transmitir afecto entre a familia, compañeiros, amigos,....
Para elo, puidemos experimentar xogando coa terra e simulando a plantación, xogando coa area cinética facendo formas e trasvases e apendemos que existe o papel plantable no que debuxamos os nosos beizos para regalar aos seres queridos e que siga crecendo o agarimo e o amor.
SAÍDA AO TEATRO AFUNDACIÓN
O venres 12 de abril fomos a ver a obra de teatro en Afundación "PINGÜÍN" e axudounos a entender o bonito que é ter irmáns e a importancia de entender e xestionar os celos.
Despois desta divertida obra non hai mellor proposta lúdica ao aire libre que ir ao parque, nesta ocasión eleximos o parque de "O Castro".
Tivemos moita sorte porque nesta ocasión acompañounos o tempo e puidemos desfrutar dunha bonita xornada.
Se queredes ver o ben que o pasamos aquí vos deixamos un pequeno vídeo!!!
viernes, 5 de abril de 2024
EXPOSICIÓN DA BIBLIOTECA: "COIDAMOS O PLANETA"
Este curso o noso proxecto anual de centro trata sobre o coidado do Planeta e por isto, convertémonos en Superheroes para salvalo!!! Decidimos facer na nosa exposición unha serie de recomendacións para que entre todos podamos conseguilo.
(Escanea co teu móbil cada un dos qr e descubrirás as recomendacións)
miércoles, 3 de abril de 2024
EXCURSIÓN AO MUSEO DE ARTE CONTEMPORÁNEO DE VIGO (MARCO)
O venres 8 de marzo visitamos unha exposición no museo Marco de Vigo onde aprendimos moitas cousiñas sobre Daniel Verbis e a súa obra "Desexando Ser". Ademais convertémonos en artistas facendo un divertido obradoiro, no que pintamos os nosos lienzos soprando con palliñas.
lunes, 26 de febrero de 2024
ENTROIDO
Este ano seguindo o noso proxecto decidimos disfrazarnos de superheroes para aprender a coidar e salvar o noso Planeta. Para iso, decidimos facer un obradoiro interciclo a partir do visionado do videoclip "Something Just Like This" de The Chainsmokers &Coldplay e sacar ideas para elaborar os nosos disfraces. Foi un obradoiro moi divertido e cheo de reciclaxe.
Como guinda da torta desfilamos mostrando as nosas creacións ao ritmo da canción de "Superhéroes" de Beret e Mr Rain.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
-
PSICO E INFORMÁTICA Durante este curso ademais dos obradoiros interciclos, divertidas propostas, receitas de cociña e experimentos en cada ...
-
Hoxe queremos compartir convosco o conto : "A ovelliña que veu cear " 👉 A OVELLIÑA QUE VEU CEAR Este conto da edit...
-
Ola nenos e nenas! Hoxe traémosvos un conto que esperamos que vos guste: "A mellor sopa do mundo". Está escrito por Susanna Isern ...