miércoles, 26 de abril de 2017

Vámonos de Excursión

Hoxe, os pequerrechos fomos de excursión ao museo Liste e logo, fomos  ver un espectáculo musical chamado " Gatuxo".
 Encantounos!!

viernes, 7 de abril de 2017

Exposición Biblioteca 2017

Este ano o tema do proxecto anual xira entorno as emocións.
O pequerrechos do cole elaboraron un video moi emotivo.
Esperamos que vos guste!


martes, 4 de abril de 2017

2º Sesión Ludantia

Onte visitáronnos Mar e Belén para realizar unha sesión moi especial no noso patio

Como somos pequenos pedímoslle axuda aos padriños lectores de 4º e a súa axuda foi moi grande

Dividíronnos en catro grupos e foron rotando por catro obradoiros

No obradoiro de móbiles  pintamos madeiras de deriva e os maiores, cunha corda e unhas boliñas de madeira, démoslle forma de móbil para colgar nas árbores.
Como estes móbiles trataban de estimular o oído, pois engadímoslle elementos sonoros (tubos, cascabeis...). Quedaron así de bonitos!
Outros dos obradoiros consistiu en pintar cunchas e pedras, noutro fixeron un circuito e no último elaboramos diferentes adornos para o noso bosque sonoro.
Aquí vos deixamos un video para que vexades as nosas obras de artes e melloras no patio.