O pasado martes os alumnos de 4 anos e os de 4º EP tivemos unha xornada moi intensa e emocionante.
Con motivo do proxecto piloto que este ano estamos levando a cabo no centro,realizamos unha conversa co Alumnado de Infantil e Primaria do CEIP CANOSA - RUS ( Coristanco) no que poidemos compartir inquedanzas e experiencias co Escornabot.
Rapaces e mestres estávamos moi emocionados e non nos desfraudou.
Grazas a invitación que nos realizou Diego, coordinador do proxecto no centro de Ceip Canosa Rus, tivemos a oportunidade de organizar esta xuntanza e agardamos que non sexa a única .
O traballo que realizamos ao longo deste ano, tódolos centros deste proxecto piloto é incaculable pero comprobar como cada día os rapaces acuden a biblioteca para xogar con eles e a ilusión que empregan para contarnos cousas sobre eles, é suficiente para continuar con máis ilusión este longo camiño.
Este é o video da xornada, agardamos que desfrutedes tanto como o fixemos nós e moita grazas por compartir esos pequenos momentos con nos Ceip Canosa Rus
viernes, 17 de marzo de 2017
martes, 14 de marzo de 2017
CREANDO UN NOVO PATIO
Esta semana comezamos novo proxecto. Un proxecto cheo de moitas ilusións, no que os nosos soños poden chegar a converterse en realidade. Grazas a Mar e a Belén de Ludantia intentaremos crear un patio novo para infantil no que as nosas ideas e os materiais de refugallo serán o eixo principal desta aventura. Este luns tocou compartir espazos preferidos do noso patio cos nos@s compañeir@s e pensar en xogos que nos encantaría ter nestes lugares.
Creando os nosos debuxos
Aportando ideas para o patio
Conversando sobre o que máis nos gusta
Organizándonos para situar os nosos debuxos
Buscando o sitio do patio máis apropiado
Situando os nosos debuxos
Explicando as nosas ideas a Belén
Explicando as nosas ideas a Mar
jueves, 2 de marzo de 2017
A comparsa de Infantil
O pasado venres fixemos a festa do entroido no centro e a comparsa de Infantil foi moi animada. Estábamos todos moi guapos e pasámolo xenial.
Aquí vos deixamos o video de fotos da nosa actuación.
Aquí vos deixamos o video de fotos da nosa actuación.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
-
PSICO E INFORMÁTICA Durante este curso ademais dos obradoiros interciclos, divertidas propostas, receitas de cociña e experimentos en cada ...
-
Hoxe queremos compartir convosco o conto : "A ovelliña que veu cear " 👉 A OVELLIÑA QUE VEU CEAR Este conto da edit...
-
Ola nenos e nenas! Hoxe traémosvos un conto que esperamos que vos guste: "A mellor sopa do mundo". Está escrito por Susanna Isern ...