Ao longo do ano, nas sesións de informática, os nenos de Ed Infantil estiveron traballando cun novo recurso "o escornabot", a eles encantoulles e as diferentes experiencias que tiveron con eles foron moitas e moi divertidas. Aquí vos deixo un pequeno recopilatorio das tarefas que realizamos ao longo de todo o ano cada un dos niveis do noso ciclo.
As novas tecnoloxías non hai quen as entenda pero con paciencia e maña vamos solventando os problemas
Hoxe fixemos unha saída moi pero que moi doce, visitamos a Pastelería Melosa. Tras un moi gustoso paseiño polas rúas da parroquia chegamos ao noso destino. Só con entrar entraba fame pois o olor aos boliños recén feitos era incrible. Explicáronnos para que servían todas as máquinas que por alí tiñan, mostráronnos cómo amasaban a masa e deixáronnos facer un croinsant a cada un. Despois puidemos gozar do fantástico xardín con columpios e arboleda para rematar con unha deliciosa merendola (napolitanas de chocolate, croinsants, tortas e zumes). Moitas grazas familia "Melosa" por tratarnos tan ben e con tanto cariño!!.
Onte visitáronnos Mar e Belén para realizar unha sesión moi especial no noso patio Como somos pequenos pedímoslle axuda aos padriños lectores de 4º e a súa axuda foi moi grande
Dividíronnos en catro grupos e foron rotando por catro obradoiros.
No obradoiro de móbiles pintamos madeiras de deriva e os maiores, cunha corda e unhas boliñas de madeira, démoslle forma de móbil para colgar nas árbores.
Como estes móbiles trataban de estimular o oído, pois engadímoslle elementos sonoros (tubos, cascabeis...). Quedaron así de bonitos! Outros dos obradoiros consistiu en pintar cunchas e pedras, noutro fixeron un circuito e no último elaboramos diferentes adornos para o noso bosque sonoro. Aquí vos deixamos un video para que vexades as nosas obras de artes e melloras no patio.
O pasado martes os alumnos de4 anos e os de 4º EP tivemos unha xornada moi intensa e emocionante.
Con motivo do proxecto piloto que este ano estamos levando a cabo no centro,realizamos unha conversa co Alumnado de Infantil e Primaria do CEIP CANOSA - RUS ( Coristanco) no que poidemos compartir inquedanzas e experiencias co Escornabot.
Rapaces e mestres estávamos moi emocionados e non nos desfraudou.
Grazas a invitación que nos realizou Diego, coordinador do proxecto no centro de Ceip Canosa Rus, tivemos a oportunidade de organizar esta xuntanza e agardamos que non sexa a única .
O traballo que realizamos ao longo deste ano, tódolos centros deste proxecto piloto é incaculable pero comprobar como cada día os rapaces acuden a biblioteca para xogar con eles e a ilusión que empregan para contarnos cousas sobre eles, é suficiente para continuar con máis ilusión este longo camiño.
Este é o video da xornada, agardamos que desfrutedes tanto como o fixemos nós e moita grazas por compartir esos pequenos momentos con nos Ceip Canosa Rus
Esta semana comezamos novo proxecto. Un proxecto cheo de moitas ilusións, no que os nosos soños poden chegar a converterse en realidade. Grazas a Mar e a Belén de Ludantia intentaremos crear un patio novo para infantil no que as nosas ideas e os materiais de refugallo serán o eixo principal desta aventura. Este luns tocou compartir espazos preferidos do noso patio cos nos@s compañeir@s e pensar en xogos que nos encantaría ter nestes lugares.
O pasado venres fixemos a festa do entroido no centro e a comparsa de Infantil foi moi animada. Estábamos todos moi guapos e pasámolo xenial. Aquí vos deixamos o video de fotos da nosa actuación.
Mañá será o día de portas abertas no Ceip Serra VIncios todos aqueles pais que queiran coñecernos un pouco máis estades convidados a visitarnos as 17:30
Aquí vos deixamos un pequeno exemplo das numerosas actividades que realizamos ao longo desta etapa.
O pasado ano empregamos en numerosas ocasións Ipads e tablets durante as sesións de Informática hoxe sae publicado na web un pequeno artigo sobre o traballo realizado.
Estos pequechos son todos uns artistas dixitais!