Onte visitáronnos Mar e Belén para realizar unha sesión moi especial no noso patio
Como somos pequenos pedímoslle axuda aos padriños lectores de 4º e a súa axuda foi moi grande
Como somos pequenos pedímoslle axuda aos padriños lectores de 4º e a súa axuda foi moi grande
Dividíronnos en catro grupos e foron rotando por catro obradoiros.
No obradoiro de móbiles pintamos madeiras de deriva e os maiores, cunha corda e unhas boliñas de madeira, démoslle forma de móbil para colgar nas árbores.
Como estes móbiles trataban de estimular o oído, pois engadímoslle elementos sonoros (tubos, cascabeis...). Quedaron así de bonitos!
Outros dos obradoiros consistiu en pintar cunchas e pedras, noutro fixeron un circuito e no último elaboramos diferentes adornos para o noso bosque sonoro.
Aquí vos deixamos un video para que vexades as nosas obras de artes e melloras no patio.

No hay comentarios:
Publicar un comentario