domingo, 31 de mayo de 2020

SESION AL

Outra semaniña máis que comeza e cada día menos tempo que queda para rematar este curso. 
A profe de AL preséntanos para esta semana unha actividade ben interesante ao tempo que divertida... Veña animádevos e activade as vosas cabeciñas na búsqueda de vocabulario...


Ola familias!!

Esta vez, dende AL propoñemos un material para traballar o razoamento verbal e a comprensión e expresión oral a partir dunha serie de tarxetas nas que se propón nomear palabras que teñan unha serie de características, propiedades ou se refiran a algunha acción concreta. Ademais, tamén nos permite traballar outros contidos como o léxico (vocabulario), a semántica (significado de palabras) e a axilidade mental.
Así que mans á obra, ¡que comece o xogo!...


Tarxetas imprimibles no seguinte enlace:



viernes, 29 de mayo de 2020

Auga vaaa!

Bos días a tod@s!
Seguimos con propostas fresquiñas para esta semana tan calorosa.





Bicos a moreas a boa fin de semana. 💋💋💋







jueves, 28 de mayo de 2020

ANIVERSARIO NAIRA




AO RICO XEADO....

E continuamos con propostas refrescantes para esta semana calurosa... Esta vez tócalle o turno ás receitas!!


Seguro que sodes moitos os que matades o voso calor cun rico xeado. Dende logo que apetece moitísimo e, por iso, a nosa proposta de hoxe será facer diversos tipos de xeados caseiros con pouquiños ingredientes e faciliños de elaborar....
Aquí vos vai, a ver cal vos gusta máis....

Clicade no seguinte enlace:





miércoles, 27 de mayo de 2020

Fogares conectados, mércores 27 de maio

Seguimos recibindo as vosas cousiñas! E canto nos gusta!

Hoxe tócalle o turno a :

EVA:

A nosa compi de 4 anos animouse a enviarnos o seu nome en lingua de signos. Mirade, mirade qué chulada!



SALMA:
A nosa compi estivo traballando nun proxecto sobre castelos, toda unha investigadora!


























IRIA: 

Iria enviounos a súa árbore xenealóxica, que quedou así de ben!




SARA:

Así de ben o pasou Sara coa súa familia agora que xa podemos ir saíndo un pouquiño e desfrutar da natureza.






















martes, 26 de mayo de 2020

Tesouros conxelados e ovos sensoriais

Seguimos facéndovos propostas con xeo para estar fresquiños nesta semana de calor.
Hoxe propoñémosvos liberar tesouros conxelados.
 Aquí vos deixamos os pasos para facelo!











FOGARES CONECTADOS, MARTES 26 DE MAIO



Hoxe compartimos as fotiños de:


PAULA: 

Paula coa axuda da súa irmá fixeron figuras xeométricas. Mirade que Chulas!! 










NUNO: 

Esta feito todo un artista!! Está é a súa proposta de arte:

























NAIRA

Quere compartir connosco a súa grilanda co seu nome.

Moi bonita!!


NOA: 

Noa quere compartir con todos as actividades que realiza na casa. Ensínanos as súas obras de arte. Que bonito!!






E continuamos con máis vídeos:  

NOA, SERGIO, SAÚL animáronse a facer o seu nome signado... Mirade que ben !!!








Moitas grazas por compartir connosco estos momentos







PINTURA XEADA


Dado a calor destes días xa apetece refrescarse, así que, imos xogar co xeo. Propoñémosvos unha actividade ideal para os peques da casa: "PINTURA XEADA".  Coa cal, estimular a creatividade e o sentido do tacto.









DEIXA VOAR A TÚA IMAXINACIÓN......

lunes, 25 de mayo de 2020

FOGARES CONECTADOS, Luns 25 de maio

Cómo nos gusta ver que vos animades a facer as propostas que facemos no blogue:

NAIRA, VERA E NICO:

Que animáronse a facer o seu nome signado...Mirade que ben o fan!!


NAIRA:



VERA:



NICO:



E continuamos con máis videos. Esta vez é Lúa que envía un xogo moi divertido!


LÚA:

Quere compartir con todos os seus amiguiños e amiguiñas do cole un xogo de dedos que lle encanta “El gusanito” de Tamara Chubarosvky. Mirade que divertido é.. animádevos a facelo!!



SESION DE AL

Comezamos unha nova semana, parece que calurosa así que, coma todos os luns, aquí vos quedan algún xoguiño dos que propón a profe Noe. Feliz semana familias!

Ola FAMILIAS!, espero que todos sigades ben, esta semana dende AL propoñemos un divertido xogo para seguir ampliando e mellorando a linguaxe dos peques, pero sobre todo, para pasar un bo rato en familia.
Trátase do xogo: Quen son?: o xogo consiste en que cada xogador ponse unha tarxeta na fronte (non pode saber cal lle tocou) e ten que adiviñar que persoa, obxecto, animal (eu vos deixo tarxetas de animais pero podedes facer as que vos prefirades)…
O mellor e facer só preguntas que teñan como resposta SI ou NON: Son un animal?, Vivo no mar?, Podo voar?

Unha boa maneira de que respecten a súa quenda é que só o que sosteña a man (adxunto PDF), pode facer a pregunta.



Aquí vos queda un enlace para imprimir as tarxetiñas:



viernes, 22 de mayo de 2020

Fogares conectados, venres 22 de maio.

Unai
Aquí temos a Unai que xa se animou a mandarnos un vídeo signando o seu nome.👏👏👏

E tamén fíxolle moita ilusión lembrar a canción dos días da semana coa súa profe Bibi!😍
Grazas por compartir estes momentos!💖

jueves, 21 de mayo de 2020

Alfabeto dactilolóxico

Bos días! 
Xa que onte estivéchedes practicando coa profe Bibi a canción dos días da semana en lingua de signos, hoxe as profes queremos propoñervos... un reto!!! Que vos parece se nos enviades un vídeo signando o voso nome?
As profes xa nos atrevemos! Estivemos practicando e aquí tedes o noso vídeo!!


Tamén os deixamos o alfabeto dactilolóxico español e un vídeo para que practiquedes con calma, xa veredes que divertido.




Vídeo alfabeto dactilológico.

Veña animádevos a facer o reto!! Mandámosvos moreas de bicos 💋💋💋

FOGARES CONECTADOS XOVES, 21 DE MAIO

Hoxe temos fotiños de :

NAIA

Que nestes días de calor que estamos a ter disfruta duns refrescantes baños na piscina. Qué cariña de felicidade!




NICO:

Que disfrutou moito coa proposta detectivesca das Letras Galegas e aprendeu moitas cousas sobre Ricardo Carvalho Calero dun xeito moi orixinal. E tamén probou a facer un retrato da súa nai utilizando a técnica plástica do papel film e mirade como quedou!