martes, 12 de mayo de 2020

Veo, veo... e experimento de refracción.

Bos días familias!
Hoxe traémosvos un xogo moi coñecido co que sen darnos conta estaremos a axudar aos nenos e nenas a mellorar a linguaxe entre outras cousas. Imos a xogar a... "Veo,veo".

Podedes imprimir as tarxetas e recortalas, poñer o montonciño de tarxetas boca abaixo no medio da mesa. Un xogador colle unha carta sen que o resto a vexa e describe a imaxe que teñe a carta e o resto terá que adiviñar de que se trata. O que acerte colle carta de novo. Se queres imprimilas clica no enlace.


TARXETAS "VEO VEO"


Se non tedes para imprimir podedes facer as vosas propias tarxetas debuxándoas, utilizando fotos que teñades por casa, recortando imaxes de revistas...




















EXPERIMENTO DE REFRACCIÓN
Tamén vos deixamos este experimento máxico!💥 O truco é poñer o debuxo á distancia dun palmo do vaso e... maxia!


Bicos a moreas!💋💋💋


No hay comentarios:

Publicar un comentario