martes, 12 de mayo de 2020

FOGARES CONECTADOS, MARTES 12 DE MAIO

Seguimos recibindo as vosas imaxes e gracias a elas seguimos conectados/as e compartindo!👏👏

ASIER

Hoxe comezamos coa proposta de Asier , que estivo moi atarefado preparando a súa actividade da Xoaniña. Mirade, mirade!






ROQUE

Como sabedes, o noso compi Roque estivo de aniversario fai uns días e quixo compartir connosco algunhas fotiños! Gracias!




DYLAN

E aquí vos deixamos tamén algunhas imaxes do entretido que anda Dylan estes días e do moito que está aprendendo! 
Fixo  esta rosca que ten unha pinta boísima😋 





 E tamén escribiu e fico este debuxo tan chuli que comparte connosco! Gracias Dylan!




CARLOTA

Tamén recibimos novas de Carlota, que comparteu connosco un resumo de todas as actividades que fixo, que son moitas. En algunha delas tivo unha compañía marabillosa, o seu irmán Iker.


Moitas gracias por compartir connosco!


IAGO
Iago tamén compartiu connosco a súa versión do famoso cadro do grito de Munch! Qué ben quedou! Chulísimo!
Moitas gracias Iago!

LÍA


Lía tamén compartiu connosco este divertidísimo taller de maquillaxe que fixeron en familia, ademáis, experimentaron, fixeron empanada e  tinguiron macarróns e engalanáronse con pulseiras e colgantes! Mil gracias por compartilo connosco!











HOXE É O DÍA MUNDIAL DA ENFERMERÍA E TAMÉN QUEREMOS ENVIARLLE DE PARTE DE TOD@S @S PROFES E NEN@S UNHA APERTA BEN GRANDE A TODOS E TODAS AS ENFERMEIRAS E SANITARIOS QUE NOS ESTÁN COIDANDO TANTÍSIMO!💝

GRACIAS!





No hay comentarios:

Publicar un comentario