miércoles, 13 de mayo de 2020

DIA DA FAMILIA

Bos días familias,
hoxe temos preparada unha entrada especial para vos precisamente "as familias" xa que mañá 15 de maio celébrase o Día Internacional das Familias!.

Durante este tempo de confinamento que estamos a pasar somos moitas as familias que aprendimos a valorar cousas que ás veces quedaban un pelín esquecidas por falta de tempo. Moitas comentades nas vosas mensaxes e correos que estades disfrutando de tempo que antes non tiñades e que parece coma que todo parou para deixar paso a cousas tan importantes coma compartir espazos, compartir momentos, compartir xogos, compartir conversas...en definitiva, compartir tempo que antes non tiñamos.
E nesta liña vai un pouquiño a temática do conto de hoxe. Un conto moi sinxelo no que se plasma, con tan só dúas palabras, o sentimento que tanto a nai neste caso (pero isto é extrapolable ao pai, avó, avoa, etc...) coma o seu fillo xenéralle a falta de tempo...
O conto titúlase "Espera", está escrito por Antoinette Portis e editado por Patio. Esperamos que vos guste...






Pero ademáis tamén vos deixamos outro conto que este ano ven moi axeitado para os nenos e nenas de infantil xa que estabamos inmersos no proxecto do circo cando todo isto comezou.... Por si llo queredes ler, conta a historia dunha familia un tanto peculiar que convirte as súas rutinas en algo moi divertido. Como este non o temos físicamente (xa que quedou nas estanterías do cole) vos enviamos un enlace para que podades visualizalo e leelo na casa. O conto titúlase "La familia C" e está escrito por Pep Bruno e editado por Kalandraka.

                                                       CONTO: A FAMILIA C


E como broche final para celebrar este día como se merece poderíamos facer unha actividade en familia. Como xa sabedes son moitas e variadas: facer xogos de mesa, dar un paseo (aproveitando que agora podemos), ver unha película, escoitar música e inventar bailes, facer unha receita de cociña...A que vos propoñemos nesta ocasión é unha manualidade. Trátase de elaborar unha árbore xenealóxica cos membros da vosa familia. Podedes facer variedade de modelos: colgando fotos, poñendo nomes, facendo debuxos de cada un...ou coma nos, colocando as nosas mans co noso nome no centro coas cores que máis nos gustan a cada un. Deixade voar a imaxinación e compartide un momento divertido todos xuntos.



QUE TEÑADES UN MOI FELIZ DIA DA FAMILIA!






No hay comentarios:

Publicar un comentario