Hoxe tivemos un contacontos moi especial realizado por Belén, especial porque unha nova familia quixo compartir con nós un conto na biblioteca e tamén porque foi un conto realizado coa linguaxe de signos.
Quere ensinarnos o que máis lle gusta facer na casa...equilibrios cun columpio que ten no salón...mirade como exercita así o seu corpo practicando para ser todo un acróbata. Carais Shanti, estás feito todo un artista das acrobacias!. Tamén enviou fotiños de cómo facía experimentos de xerar enerxía co globo (con video incluido) e da súa elaboración da xoaniña.
NAIA:
Mándanos un saudiño dende a porta do cole... Coa súa mamá e o seu canciño.
Graciñas familias, unha vez máis por compartir estes momentos con todos. Unha aperta!
Hoxe gustaríanos facer mención dun día moi especial "O DÍA DA FAMILIA". Como ben sabedes, onte fixemos unha entrada moi peculiar para conmemorar este día . Nestes momentos,
puidemos gozar de moitas actividades en familia como o noso protagonista
Ricardo.
A Ricardo, cando era pequeno, encantáballe pasar o verán cos seus avós na casa da aldea. Pasaba o tempo mirando ás galiñas, como comían e escarabellaban na terra. Igualmente gozaba dunhas ricas merendas que lle preparaba a súa avoa....
Merendas como:
Bocata de manteiga, azucre e cacao..
E os teus papis e avós que merendaban?
PROPOÑÉMOSVOS UN "RETO":
Cóntanos como eran as merendas dos teus papis e avós.... Tamén podedes enviarnos fotiños..
Con todas as receitas e fotos encantaríanos elaborar un magnífico RECEITARIO..
Animarvos!!
PARA COÑECER MÁIS SOBRE RICARDO CARVALHO pica na seguintes
ligazóns, onde poderás gozar de actividades e dun escape room online...
hoxe temos preparada unha entrada especial para vos precisamente "as familias" xa que mañá 15 de maio celébrase o Día Internacional das Familias!.
Durante este tempo de confinamento que estamos a pasar somos moitas as familias que aprendimos a valorar cousas que ás veces quedaban un pelín esquecidas por falta de tempo. Moitas comentades nas vosas mensaxes e correos que estades disfrutando de tempo que antes non tiñades e que parece coma que todo parou para deixar paso a cousas tan importantes coma compartir espazos, compartir momentos, compartir xogos, compartir conversas...en definitiva, compartir tempo que antes non tiñamos.
E nesta liña vai un pouquiño a temática do conto de hoxe. Un conto moi sinxelo no que se plasma, con tan só dúas palabras, o sentimento que tanto a nai neste caso (pero isto é extrapolable ao pai, avó, avoa, etc...) coma o seu fillo xenéralle a falta de tempo...
O conto titúlase "Espera", está escrito por Antoinette Portis e editado por Patio. Esperamos que vos guste...
Pero ademáis tamén vos deixamos outro conto que este ano ven moi axeitado para os nenos e nenas de infantil xa que estabamos inmersos no proxecto do circo cando todo isto comezou.... Por si llo queredes ler, conta a historia dunha familia un tanto peculiar que convirte as súas rutinas en algo moi divertido. Como este non o temos físicamente (xa que quedou nas estanterías do cole) vos enviamos un enlace para que podades visualizalo e leelo na casa. O conto titúlase "La familia C" e está escrito por Pep Bruno e editado por Kalandraka.
E como broche final para celebrar este día como se merece poderíamos facer unha actividade en familia. Como xa sabedes son moitas e variadas: facer xogos de mesa, dar un paseo (aproveitando que agora podemos), ver unha película, escoitar música e inventar bailes, facer unha receita de cociña...A que vos propoñemos nesta ocasión é unha manualidade. Trátase de elaborar unha árbore xenealóxica cos membros da vosa familia. Podedes facer variedade de modelos: colgando fotos, poñendo nomes, facendo debuxos de cada un...ou coma nos, colocando as nosas mans co noso nome no centro coas cores que máis nos gustan a cada un. Deixade voar a imaxinación e compartide un momento divertido todos xuntos.
Ola nenos e nenas! Hoxe traémosvos un conto que esperamos que vos guste: "A mellor sopa do mundo". Está escrito por Susanna Isern e ilustrado por Mar Ferrero, e editado por OQO editora.
Os deixamos algunhas propostas que podedes levar a cabo a partir do conto:
Podedes establecer un diálogo cos vosos fillos e fillas para recordar que alimento traía cada animal para botarlle a sopa, quen chegaba antes a casa de Tartaruga, quen chegaba despois...
Meter os vexetais que teñades na casa nunha bolsa e os nenos e nenas cos ollos tapados deben sacar un e adiviñar cal é polo tacto. Aproveitade para que describan o máximo de características posibles.
Achegar aos cativos á arte de Arcimboldo. Unha das súas series máis coñecidas é a de "As Estacións", onde Arcimboldo crea uns característicos retratos dando rostro a cada unha das estacións do ano a partir dos elementos característicos que conforman o seu clima, vexetación, cores e ambiente.
Despois animádevos a facer as vosas propias composicións.
Estampar os diferentes vexetais ou froitas e observar as diferentes formas que saen. Aproveitade para deixar voar a imaxinación e realizar as vosas obras de arte.🍅🍆🍏🍋
Facer unha tartaruga. Podedes crear á protagonista do conto con material de reciclaxe.🐢
O argumento do conto céntrase na liberdade e a igualdade... "Illada nun xardín, Margarita é a única elefanta do grupo incapaz de
conseguir que a súa pel sexa de cor rosa caramelo. Cando os seus papás
desisten de impoñerlle ese aspecto, por fin descubrirá o significado da
liberdade e abrirá o camiño da igualdade para as súas compañeiras"
O conto que vos contaremos hoxe trata sobre COMPARTIR. Esta tarefa é bastante difícil especialmente en idades tan pequenas como son as d@s nen@s de infantil pero con moita paciencia e cariño pouco a pouco van aprendendo a facelo e van sentindo o fermoso que chega a ser compartir as cousas cos demais e o ben que nos fai sentir...
Este conto titúlase "O peixe Arco da Vella", o seu autor é Marcus Pfister e a Editorial Kalandra.
E a continuación presentamos algunhas propostas de experimentos relacionadas co conto... Se gustades clicade a continuación a ver se vos apetece probar: