Mostrando entradas con la etiqueta Propostasconfinamento. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Propostasconfinamento. Mostrar todas las entradas

viernes, 12 de junio de 2020

E o conto é...


Nadarín!!! 
Sii, seguro que moitos de vós adivinástelo!! Tratáse do conto de Nadarín... É un conto que demostra que a unión fai a forza e o pez pequeno non sempre debe temer ao grande. Moitas veces nos esquecemos do valor da cooperación para superar os medos.

Clicade no seguinte enlace para ver se vos gusta este conto especial.
Nadarín

Bicos a moreas 💋💋💋

jueves, 11 de junio de 2020

MÓBIL MARIÑO DE PEIXES

E aquí vos traemos a última pista para que poidades adiviñar de qué conto vos estamos a falar.... A qué moitos e moitas xa sabedes de qué conto se trata?... Ainsss pero qué listos e listas sodes!. 
A ver, imos a facer reconto... o primeira pista falaba de anémones, a segunda pista traía unha augamar....Pero para aqueles que aínda non o teñades claro aquí vos vai a terceira e última pista... un banco de peixes vermellos.
Este banco de peixes volo mostramos en formato de móbil mariño por se vos animades a facelo e o colgades de decoración veraniega nos vosos cuartos ou noutro sitio que vos apeteza telo!






E esta sería entón a nosa terceira pista para adiviñar o conto...un banco de peixes vermellos...



Noraboa aos que xa tedes a resposta e os que aínda non , non vos preocupedes porque tedes tempo ata mañá. Moito ánimo que seguro que o conseguides!


VIDEO DE BANCO DE PEIXES



miércoles, 10 de junio de 2020

Augamar

Bos días purrusquit@s!!
Pois seguimos coas pistas... por aquí ven unha medusa que tamén aparece no conto.
Que? Os facedes unha idea? Anémone, augamar... mmm volo estamos poñendo moi difícil! Pero é un conto que moitos de vos coñecedes porque xa o contamos no cole. Veña, veña seguide pensando e mentres aquí vai a proposta de hoxe.










 E aproveitando que estamos na semana dos Océanos non esquezades o que nos recorda Greenpeace.

Sabedes que se tiras mascarillas ou guantes ao chan poden chegar ao océano? Sabes que tardan máis de 100 anos en degradarse?
Dende greenpeace alértannos do aumento do plástico dun solo uso polo COVID-19 e da necesidade de responsabilizarnos dos residuos que xeramos.🐟

Aquí tedes máis información Greenpeace.

Bicos a moreas 💋💋💋





martes, 9 de junio de 2020

SEMANA DEDICADA AOS NOSOS OCÉANOS



O NOSO OCÉANO É O NOSO FUTURO

Onte, luns 8 de xuño celebrouse o "Día Mundial dos Océanos", e as profes ocorréusenos prepararvos unha sorpresiña.

O venres queremos contarvos un conto relacionado con este tema, por iso ao longo da semana darémosvos pistas para ver se adiviñades de que conto se trata...

Hoxe empezamos por esta anemone que aparece no conto.. Propoñémosvos  que a fagades como manualidade... Mirade que chula!!!










viernes, 5 de junio de 2020

5 DE XUÑO, DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

E xa estamos de novo en venres... e, como xa sabedes, esta semana verde estivemos propoñendo actividades de reciclaxe para aprender a contribuir ao coidado do noso planeta. 
Hoxe é precisamente o Día Mundial do Medio Ambiente e, por iso, queremos deixavos un conto moi especial con unha actividade engadida para poder facer se queredes!.

O conto titúlase "A árbore da escola" e está escrito por Antonio Sandoval e Emilio Urbernaga e editado por Kalandraka.... A ver que vos parece!





E, para rematar, podedes facer unha maceta con material de refugallo para plantar nela a vosa semente. A ver se vos gusta cómo quedou a nosa...








Feliz día do Medio Ambiente e, recordade, todos podemos aportar un pouquiño para coidar o noso planeta. Que teñades un feliz fin de semana!💋💋💋💋💋💋💋💋💋

miércoles, 3 de junio de 2020

A reciclar!


Seguimos coa semana verde e hoxe os deixamos un xogo para comprobar que sabedes reciclar! 

Lixo nos nosos océanos, ríos cheos de desperdicios, cidades cuxo aire é irrespirable... Sobrannos os motivos, pongámonos en marcha!
Reciclar e unha das actividades cotiás máis sinxelas e gratificantes que podemos levar a cabo. Tanto, que pode participar calquera membro da familia, incluso os máis peques da casa. Anima aos teus fillos e fillas a practicalo, aprendizaxe e diversión van da man!

Clicade no seguinte enlace para xogar.

martes, 2 de junio de 2020

INICIO DA SEMANA VERDE



O vindeiro venres 5 de xuño o mundo celebra o día do Medio Ambiente e para celebralo organizamos unha semana completiña de actividades. O obxectivo é concienciar aos peques sobre a importancia de coidar a natureza, de cambiar hábitos que prexudican gravemente o medio ambiente e achegarlles a realidade da natureza.


Comezamos cun conto: " RANA DE TRES OJOS"

                                                     da autora: OLGA DE DIOS



CLICADE NESTE ENLACE: CONTO:RANA DE TRES OJOS



E DESPOIS DE GOZAR DO CONTO.... ANÍMATE COA ELABORACIÓN DO XOGO DA RA........










ES CAPAZ DE ATRAPAR A MOSCA???

viernes, 29 de mayo de 2020

Auga vaaa!

Bos días a tod@s!
Seguimos con propostas fresquiñas para esta semana tan calorosa.





Bicos a moreas a boa fin de semana. 💋💋💋







jueves, 28 de mayo de 2020

AO RICO XEADO....

E continuamos con propostas refrescantes para esta semana calurosa... Esta vez tócalle o turno ás receitas!!


Seguro que sodes moitos os que matades o voso calor cun rico xeado. Dende logo que apetece moitísimo e, por iso, a nosa proposta de hoxe será facer diversos tipos de xeados caseiros con pouquiños ingredientes e faciliños de elaborar....
Aquí vos vai, a ver cal vos gusta máis....

Clicade no seguinte enlace:





martes, 26 de mayo de 2020

Tesouros conxelados e ovos sensoriais

Seguimos facéndovos propostas con xeo para estar fresquiños nesta semana de calor.
Hoxe propoñémosvos liberar tesouros conxelados.
 Aquí vos deixamos os pasos para facelo!











jueves, 21 de mayo de 2020

Alfabeto dactilolóxico

Bos días! 
Xa que onte estivéchedes practicando coa profe Bibi a canción dos días da semana en lingua de signos, hoxe as profes queremos propoñervos... un reto!!! Que vos parece se nos enviades un vídeo signando o voso nome?
As profes xa nos atrevemos! Estivemos practicando e aquí tedes o noso vídeo!!


Tamén os deixamos o alfabeto dactilolóxico español e un vídeo para que practiquedes con calma, xa veredes que divertido.




Vídeo alfabeto dactilológico.

Veña animádevos a facer o reto!! Mandámosvos moreas de bicos 💋💋💋

miércoles, 20 de mayo de 2020

PROPOSTA DE MÚSICA: CANCIÓN DÍAS DA SEMANA


E hoxe imos lembrar unha canción do cole. Xa fai moito tempo que igual non a escoitades e pode, que algún ou algunha non a recorde de todo, por iso, hoxe facemos como proposta do día practicar esta canción que tanto nos axuda a aprender os días da semana. Ademáis vai acompañada de Signos (da LSE) para que tamén os practiquedes. Esperamos que vos guste. 




Seguro que moitos xa traballades os días da semana dende a casa pero igual vos apetece cambiar o modelo de rexistro que tedes para facelo... aquí vai un que podedes coller. Dependendo da idade e madurez d@ nen@ podedes traballalo de diferentes formas: dando pistas polas cores, facendo que recorten a etiqueta e a coloquen no recadro que corresponda, elexindo a opción de escribir o nome do día (con modelo ou sen modelo) ou decilo en Lingua de Signos...elexide a opción que máis vos conveña, todas son válidas!



E por se a queredes imprimir, aquí vos vai en formato PDF: 




Aproveitamos para facer un recordatorio ás familias:

Están colgadas, no blogue da biblioteca, as enquisas destinadas ás familias. Se tedes un par de minutiños agradecemos que as cubrades xa que os seus datos axudan a mellorar os servicios e actividades ofertados durante o curso por parte da Biblioteca Escolar. Tedes de prazo ata o día 25 de maio. Graciñas pola vosa colaboración e feliz día!


Podedes acceder ás enquisas clicando neste enlace:


viernes, 15 de mayo de 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020





























"AS PITAS BAIXO A CHOIVA":  

É un relato breve que narra un feito anecdótico da infancia do autor. 

"Cando Ricardo ve desde a fiestra da casa que as pitas estanse a mollar......." Que lles pasará ás pitas? E a Ricardo e á súa avoa?

Para pescudalo pica na seguinte ligazón: 







Espero que gozásedes moito do conto!! 

 Agora quen se anima a elaborar "pitas"?? Colle caixas de ovos e comezamos...


MERENDAS POPULARES GALEGAS DAS NOSAS FAMILIAS : 


Hoxe gustaríanos facer mención dun día moi especial "O DÍA DA FAMILIA". Como ben sabedes, onte fixemos unha entrada moi peculiar para conmemorar este día . Nestes momentos, puidemos gozar de moitas actividades en familia como o noso protagonista Ricardo.  

A Ricardo, cando era pequeno, encantáballe pasar o verán cos seus avós na casa da aldea. Pasaba o tempo mirando ás galiñas, como comían e escarabellaban na terra. Igualmente gozaba dunhas ricas merendas que lle preparaba a súa avoa.... 

Merendas como: 







Bocata de manteiga, azucre e cacao..

E os teus papis e avós que merendaban? 

 PROPOÑÉMOSVOS UN "RETO": 

Cóntanos como eran as merendas dos teus papis e avós.... Tamén podedes enviarnos fotiños.. 

Con todas as receitas e fotos encantaríanos elaborar un magnífico RECEITARIO.. 

Animarvos!!


PARA COÑECER MÁIS SOBRE RICARDO CARVALHO pica na seguintes 

ligazóns, onde poderás gozar de actividades e dun escape room online... 

Xa verás que divertido!!!!

https://view.genial.ly/5ea84324637c610dbf867ff2/game-breakout-letras-galegas-2020

http://seminariogalan.org/inicio/ver/463




FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS

martes, 12 de mayo de 2020

Veo, veo... e experimento de refracción.

Bos días familias!
Hoxe traémosvos un xogo moi coñecido co que sen darnos conta estaremos a axudar aos nenos e nenas a mellorar a linguaxe entre outras cousas. Imos a xogar a... "Veo,veo".

Podedes imprimir as tarxetas e recortalas, poñer o montonciño de tarxetas boca abaixo no medio da mesa. Un xogador colle unha carta sen que o resto a vexa e describe a imaxe que teñe a carta e o resto terá que adiviñar de que se trata. O que acerte colle carta de novo. Se queres imprimilas clica no enlace.


TARXETAS "VEO VEO"


Se non tedes para imprimir podedes facer as vosas propias tarxetas debuxándoas, utilizando fotos que teñades por casa, recortando imaxes de revistas...




















EXPERIMENTO DE REFRACCIÓN
Tamén vos deixamos este experimento máxico!💥 O truco é poñer o debuxo á distancia dun palmo do vaso e... maxia!


Bicos a moreas!💋💋💋