Mostrando entradas con la etiqueta Animación á lectura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Animación á lectura. Mostrar todas las entradas

martes, 20 de diciembre de 2022

OBRADOIROS DE NADAL

ESTE MES DE DECEMBRO ESTÁ SENDO MOI AXETREADO PARA TOD@S CON PREPARATIVOS DE NADAL POR TODAS PARTES ASÍ QUE DENDE INFANTIL APROVEITAMOS PARA XUNTARNOS E DESFRUTAR FACENDO ESTAS TAREFAS TODOS XUNTOS AXUDÁNDONOS UNS A OUTROS E APRENDENDO DOS NOS@S COMPIS!

AQUÍ VAN ALGÚNS MOMENTOS DESTES OBRADOIROS. 


 

viernes, 2 de diciembre de 2022

DÍA 25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

COMO CADA 25N, OS RAPACES E RAPAZAS DE INFANTIL VOLVEMOS A XUNTARNOS UNHA VEZ MÁIS POR GRUPOS MESTURADOS PARA COMPARTIR MOMENTOS, AXUDARNOS E VIVENCIAR TEMÁTICAS QUE NOS AFECTAN NA NOSA REALIDADE.

PARA INICIAR ESTES OBRADOIROS CONTAMOS NA NOSA FABULOSA BIBLIOTECA, UN CONTO MOI ESPECIAL DE RAQUEL DÍAZ REGUERA NO QUE SE MOSTRA DUN XEITO MOI SENSIBLE E DOADO A SITUACIÓN POLA QUE ESTÁ PASANDO "RATONA" E A SÚA REACCIÓN ANTE ELA, FACÉNDONOS ENTENDER QUE CALQUERA TIPO DE VIOLENCIA NON A PODEMOS TOLERAR. 

"SOMOS SÓ NOS@S. SEMPRE E EN CALQUERA SITUACIÓN"

martes, 19 de mayo de 2020

FOGARES CONECTADOS, 19 DE MAIO


VERA:

Quixo deleitarnos cun pequeno conto inventado por ela coas xoaniñas como personaxes... se queredes miralo, aquí o tedes!






SHANTI:


Quere ensinarnos o que máis lle gusta facer na casa...equilibrios cun columpio que ten no salón...mirade como exercita así o seu corpo practicando para ser todo un acróbata. Carais Shanti, estás feito todo un artista das acrobacias!. Tamén enviou fotiños de cómo facía experimentos de xerar enerxía co globo (con video incluido) e da súa elaboración da xoaniña.


















NAIA

Mándanos un saudiño dende a porta do cole... Coa súa mamá e o seu canciño.



Graciñas familias, unha vez máis por compartir estes momentos con todos. Unha aperta!











viernes, 15 de mayo de 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020





























"AS PITAS BAIXO A CHOIVA":  

É un relato breve que narra un feito anecdótico da infancia do autor. 

"Cando Ricardo ve desde a fiestra da casa que as pitas estanse a mollar......." Que lles pasará ás pitas? E a Ricardo e á súa avoa?

Para pescudalo pica na seguinte ligazón: 







Espero que gozásedes moito do conto!! 

 Agora quen se anima a elaborar "pitas"?? Colle caixas de ovos e comezamos...


MERENDAS POPULARES GALEGAS DAS NOSAS FAMILIAS : 


Hoxe gustaríanos facer mención dun día moi especial "O DÍA DA FAMILIA". Como ben sabedes, onte fixemos unha entrada moi peculiar para conmemorar este día . Nestes momentos, puidemos gozar de moitas actividades en familia como o noso protagonista Ricardo.  

A Ricardo, cando era pequeno, encantáballe pasar o verán cos seus avós na casa da aldea. Pasaba o tempo mirando ás galiñas, como comían e escarabellaban na terra. Igualmente gozaba dunhas ricas merendas que lle preparaba a súa avoa.... 

Merendas como: 







Bocata de manteiga, azucre e cacao..

E os teus papis e avós que merendaban? 

 PROPOÑÉMOSVOS UN "RETO": 

Cóntanos como eran as merendas dos teus papis e avós.... Tamén podedes enviarnos fotiños.. 

Con todas as receitas e fotos encantaríanos elaborar un magnífico RECEITARIO.. 

Animarvos!!


PARA COÑECER MÁIS SOBRE RICARDO CARVALHO pica na seguintes 

ligazóns, onde poderás gozar de actividades e dun escape room online... 

Xa verás que divertido!!!!

https://view.genial.ly/5ea84324637c610dbf867ff2/game-breakout-letras-galegas-2020

http://seminariogalan.org/inicio/ver/463




FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS

miércoles, 13 de mayo de 2020

DIA DA FAMILIA

Bos días familias,
hoxe temos preparada unha entrada especial para vos precisamente "as familias" xa que mañá 15 de maio celébrase o Día Internacional das Familias!.

Durante este tempo de confinamento que estamos a pasar somos moitas as familias que aprendimos a valorar cousas que ás veces quedaban un pelín esquecidas por falta de tempo. Moitas comentades nas vosas mensaxes e correos que estades disfrutando de tempo que antes non tiñades e que parece coma que todo parou para deixar paso a cousas tan importantes coma compartir espazos, compartir momentos, compartir xogos, compartir conversas...en definitiva, compartir tempo que antes non tiñamos.
E nesta liña vai un pouquiño a temática do conto de hoxe. Un conto moi sinxelo no que se plasma, con tan só dúas palabras, o sentimento que tanto a nai neste caso (pero isto é extrapolable ao pai, avó, avoa, etc...) coma o seu fillo xenéralle a falta de tempo...
O conto titúlase "Espera", está escrito por Antoinette Portis e editado por Patio. Esperamos que vos guste...






Pero ademáis tamén vos deixamos outro conto que este ano ven moi axeitado para os nenos e nenas de infantil xa que estabamos inmersos no proxecto do circo cando todo isto comezou.... Por si llo queredes ler, conta a historia dunha familia un tanto peculiar que convirte as súas rutinas en algo moi divertido. Como este non o temos físicamente (xa que quedou nas estanterías do cole) vos enviamos un enlace para que podades visualizalo e leelo na casa. O conto titúlase "La familia C" e está escrito por Pep Bruno e editado por Kalandraka.

                                                       CONTO: A FAMILIA C


E como broche final para celebrar este día como se merece poderíamos facer unha actividade en familia. Como xa sabedes son moitas e variadas: facer xogos de mesa, dar un paseo (aproveitando que agora podemos), ver unha película, escoitar música e inventar bailes, facer unha receita de cociña...A que vos propoñemos nesta ocasión é unha manualidade. Trátase de elaborar unha árbore xenealóxica cos membros da vosa familia. Podedes facer variedade de modelos: colgando fotos, poñendo nomes, facendo debuxos de cada un...ou coma nos, colocando as nosas mans co noso nome no centro coas cores que máis nos gustan a cada un. Deixade voar a imaxinación e compartide un momento divertido todos xuntos.



QUE TEÑADES UN MOI FELIZ DIA DA FAMILIA!






martes, 28 de abril de 2020

BESOS, BESOS


As profes de infantil temos moitas ganiñas de facervos saber o moito que vos botamos de menos. Por iso fixemos un conto especial versionando un conto titulado Besos, besos de Selma Mandine. 
Fixémolo con todo o noso cariño...esperemos que vos guste!

Este sería o enlace:






O conto orixinal se o queredes ver e ler é o que aparece no seguinte enlace:








E se vos apetece facer algunha actividade que teña que ver con esta temática, deixámosvos aquí un novo enlace para crear un saquiño ou caixiña dos bicos e unha proposta de arte!.













viernes, 24 de abril de 2020

A mellor sopa do mundo

Ola nenos e nenas! Hoxe traémosvos un conto que esperamos que vos guste: "A mellor sopa do mundo". Está escrito por Susanna Isern e ilustrado por Mar Ferrero, e editado por OQO editora.
Clicade no enlace para velo!

Os deixamos algunhas propostas que podedes levar a cabo a partir do conto:
  • Podedes establecer un diálogo cos vosos fillos e fillas para recordar que alimento traía cada animal para botarlle a sopa, quen chegaba antes a casa de Tartaruga, quen chegaba despois...
  • Meter os vexetais que teñades na casa nunha bolsa e os nenos e nenas cos ollos tapados deben sacar un e adiviñar cal é polo tacto.  Aproveitade para que describan o máximo de características posibles.
  • Achegar aos cativos á arte de Arcimboldo. Unha das súas series máis coñecidas é a de "As Estacións", onde Arcimboldo crea uns característicos retratos dando rostro a cada unha das estacións do ano a partir dos elementos característicos que conforman o seu clima, vexetación, cores e ambiente.

Despois animádevos a facer as vosas propias composicións.
  • Estampar os diferentes vexetais ou froitas e observar as diferentes formas que saen. Aproveitade para deixar voar a imaxinación e realizar as vosas obras de arte.🍅🍆🍏🍋



  • Facer unha tartaruga. Podedes crear á protagonista do conto con material de reciclaxe.🐢
    Bicos a moreas!💋




jueves, 23 de abril de 2020

CONTO: ROSA CARAMELO




 O conto que imos representar titúlase: 

ROSA CARAMELO.





Autora Adela Turin, ilustrado por Nella Bosnia 
 Editorial kalandraca.

 O argumento do conto céntrase na liberdade e a igualdade... "Illada nun xardín, Margarita é a única elefanta do grupo incapaz de conseguir que a súa pel sexa de cor rosa caramelo. Cando os seus papás desisten de impoñerlle ese aspecto, por fin descubrirá o significado da liberdade e abrirá o camiño da igualdade para as súas compañeiras"

ESPERO QUE VOS GUSTE MOITO

CLICADE NA LIGAZÓN PARA PODER VELO: 





 A CONTINUACIÓN TEDES ALGUNHAS ACTIVIDADES RELACIONADAS CO CONTO:


1. FLOR DE ORIGAMI  



2. CARTA DE CORES: BUSCAMOS A COR ROSA E A COR GRIS
https://issuu.com/librincios/docs/carta_de_cores







martes, 21 de abril de 2020

O PEIXE ARCO DA VELLA

O conto que vos contaremos hoxe trata sobre COMPARTIR. Esta tarefa é bastante difícil especialmente en idades tan pequenas como son as d@s nen@s de infantil pero con moita paciencia e cariño pouco a pouco van aprendendo a facelo e van sentindo o fermoso que chega a ser compartir as cousas cos demais e o ben que nos fai sentir...
Este conto titúlase "O peixe Arco da Vella", o seu autor é  Marcus Pfister e a Editorial Kalandra. 
Esperamos que vos guste!!


CLICADE NO ENLACE:

O PEIXE ARCO DA VELLA




E a continuación presentamos algunhas propostas de experimentos relacionadas co conto... Se gustades clicade a continuación a ver se vos apetece probar:




domingo, 19 de abril de 2020

OS TRES PORQUIÑOS

Comezamos unha nova semana, unha semana na que imos celebrar o Día do Libro e por iso todas as nosas propostas van a estar relacionadas con contos.
O conto que vos presentamos hoxe é unha historia que a todos os nenos e as nenas de infantil encántalles, un clásico en toda regra... Os tres porquiños, que da man da profe Noe e a súa filla Lía vainos facer soprar e soprar ata as casas derrubar... Esperamos que vos guste...Aquí vai!. 
Feliz semana familias... cada día un pouquiño máis preto!!


CLICADE NO ENLACE PARA PODER VELO:

martes, 24 de marzo de 2020

QUÉ TAL SE CONTAMOS UN CONTO?


Hoxe propoñémosvos una función de teatro de sombras chinescas sen moverse da casa! Estades preparados/as ?  Pois abride ben os ollos e as orellas que comezamos!


                            OS TRES CHIBOS CHIBÓNS





Agardamos que vos guste!


Queremos deixarvos, tamén,  outras propostas relacionadas co conto! 

Pinchando nos seguintes enlaces poderedes atopar:

CREBACABEZAS DOS TRES CHIBOS CHIBÓNS  :

Só tedes que pintar e recortar para crear o voso crebacabezas! Recomendámosvos que o peguedes en un anaco de cartón antes de recortalo. Tamén podedes facer os vosos propios debuxos do conto e recortar as pezas

MARIONETAS DO CONTO PARA COLOREAR E RECORT

 Podedes pegalas sobre un carton ou brick, un pau pegado pola parte de atrás e... LISTO!  Xa podedes facer a vosa propia función! Isto é só una idea, podedes facer as vosas propias personaxes con plastilina, cartón, facendo sombras coas mans, unha lámpada e teas.... e podedesdes aplicalo a todos os vosos contos favoritos!

DADOS PARA INVENTAR HISTORIAS

Lanzade os dados e inventade una historia con todos os elementos que aparezan neles! Sairán contos moi orixinais! Incluso podedes debuxar as historias!

                              E LEMBRADE! NON HAI XIGANTE QUE NON POIDA SER VENCIDO!
                                          XUNTOS CONSEGUIRÉMOLO!: #QUEDANACASA




miércoles, 29 de enero de 2020

CONTACONTOS CON SONIDO A BOMBARDINO

Este luns tivemos a sorte de contar cunha visita moi especial. Xa que no cole estamos co proxecto "Do, Re, Mi...bailamos porque sí", Dani o tío de Enzo de 3 anos quixo celebrar o seu aniversario facendo un contacontos para infantil no que, ao ritmo do seu bombardino, recreou a historia de "As clases de tuba". Nel puidimos gozar de notas graves e agudas e de  diferentes ritmos segundo ía pasando a historia...Despois puidemos gozar cun mini concerto con cancións moi coñecidas sobre o circo que debíamos adiviñar e poñer letra. Grazas Dani pola túa visita e por facernos pasar un rato tan divertido e moitísimas felicidades para Enzo!!









viernes, 17 de enero de 2020

Obradoiros de Nadal

Aquí tedes un video coas fotos dos obradoiros que fixemos polo Nadal. Despois de reunirnos todos xuntos na biblioteca para ler un conto moi especial, "La Navidad de Nono", distribuímonos por equipos e pusémonos mans a obra. Preparamos unhas madalenas deliciosas e experimentamos con distintos materiais para facer neve.
Esperamos que gozásedes das vacacións. Agora a retomar o curso con enerxía!

miércoles, 15 de mayo de 2019

Día da Familia 2019

O 15 de maio celebráse o Día da Familia. Aínda que non é tan popular como outros días que tamén se celebran ao largo do ano, no cole dámoslle unha importancia especial xa que todos temos unha familia na que arrouparnos e coa que compartir momentos especiais. 
Este ano celebramos este día cuns obradoiros nos que fixemos os agasallos que posteriormente levaríamos ás casas...Da man dos contos "Un puñado de botones" e " Cartas en el bosque" demos comezo aos obradoiros e este foi o resultado.
 Feliz Día da Familia para todos!!!


viernes, 15 de febrero de 2019

DÍA DO AMOR E DA AMIZADE


E ESTA SEMANA PARA CELEBRAR O DÍA DO AMOR ELIXIMOS UN CONTO MOI ESPECIAL "LA GRAN FÁBRICA DE LAS PALABRAS" NO QUE AS PALABRAS CUSTABAN DIÑEIRO E HABÍA QUE ESCOLLELAS MOI BEN. PERO AS VECES NON FAI FALTA MOITAS PALABRAS PARA DICIR COUSAS BONITAS... APRENDIMOS ASÍ A ENVIAR MENSAXES CON COMIDA, PINTURA, DEBUXOS E ALGUNHAS PALABRAS QUE NOS GUSTABAN... VELAQUÍ OS OBRADOIROS QUE FIXEMOS ESTA SEMANA SOBRE ESTA TEMÁTICA QUE NOS SERVIRÁN PARA SEGUIR CULTIVANDO A AMIZADE E O AMOR NAS PRÓXIMAS SEMANAS...


amor 2019

jueves, 7 de febrero de 2019

DIA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

ESTE CURSO PARA CELEBRAR O DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ TRASLADÁMONOS ATA O CONTINENTE AFRICANO. DA MAN DO CONTO "EL MURO" DE JAVIER SOBRINO, COÑECIMOS A HISTORIA  DUNS ELEFANTES QUE POR NON QUERER COMPARTIR CON OUTROS DECIDIRON FACER UN MURO QUE DIVIDIRÍA A SABANA...ESTE MURO REMATOU SENDO UN PROBLEMA  FUTURO COA CHEGADA DA TEMPORADA DAS CHOIVAS FACÉNDOLLES VER A IMPORTANCIA DA AMISTADE, O COMPAÑERISMO E DO TRABALLO EN EQUIPO. UNHA BONITA FÁBULA SOBRE LOS LIMITES DE LAS FRONTERAS Y LOS PREJUICIOS.

ASÍ QUE POR EQUIPOS, COMA NOS GUSTA A NÓS CELEBRAR AS COUSAS, DECIDIMOS PREPARAR UNHAS OLIMPIADAS MOI ESPECIAIS NA QUE BANDEIRAS, DORSAIS E MEDALLAS TIÑAN MOITO QUE VER CO DÍA DA PAZ... ESPEREMOS QUE GOCEDES DOS NOSOS OBRADOIROS.