Hoxe queremos compartir convosco o conto : "A ovelliña que veu cear "
Este conto da editorial Belascoa está escrito por Steve Smallman e ilustrado por Joelle Dreidemy e fala da AMIZADE e a EMPATÍA. Do difícil e importante que é tentar ser capaces de POÑERNOS NA PEL DOS DEMÁIS e tentar comprendelos e ,o que é máis difícil ás veces, comprender as nosas propias emocións.
Agardamos que vos guste tanto como a nós.
Deixámosvos aquí unhas actividades relacionadas co conto.
👉RECEITA DE GALLETAS DE CENORIA (o postre favorito de ovelliña 😋😉)
e tamén un 👉XOGO DE MESA e as 👉FICHAS E MANUAL para que percorrades, con lobo e ovella, o camiño de volta á casa dende o bosque.
Tamén vos deixamos o xogo do 👉TIRACONTOS para que poidades contar os vosos contos despois de cear (ou antes, iso como prefirades 😄).
Aproveitamos para lembrarvos que dende os outros blogues do cole tamén nos seguen facendo propostas, como esta, do blogue de Inglés
👉CONTO: THE VERY HUNGRY CATERPILLAR
No hay comentarios:
Publicar un comentario