As nosas mans son moi curiosas, tanto que por iso queremos tocalo todo e nos costa tanto mantelas tranquilas.
Por este motivo o ideal é telas traballando acotío e despois de levar tantos días xa nas casas seguro que xa temos un pouquiño aburridos algúns dos xogos e xoguetes cos que estivemos pasando o tempo (incluso aqueles que xa tiñamos olvidados).
Pero non vos preocupedes porque aquí van algunhas propostas para facer con materiais que teñades por casa e que podedes utilizar para pasar algún ratiño máis se vos apetece, xogando ao tempo que exercitades a motricidade fina.
1ªACTIVIDADE: XOGAMOS A ENSERTAR PALLIÑAS
- Precisades unha base que pode ser de plastilina, de esponxa, poriespán...
- Paos de brochetas
- Palliñas de cores cortadas de diferentes tamaños.
Trátase de insertar as palliñas nas brochetas facendo series de cores, de diferentes tamaños ou incluso tamén de forma libre.
Outra opción sería ensertalas en cordeles a modo de colares ou pulseiras.
2ª ACTIVIDADE: CADA OVELLA COA SÚA PARELLA
- Precisades recolectar diversos botes ou botellas que xa estén valeiros e os distribuides enriba dun cartón ou soporte que teñades a mano.
- Coas tapas destes botes teredes que ir adiviñando cáles son os que corresponden a cada un...
3ª ACTIVIDADE: ADIVIÑA ONDE ESTOU
- Precisades unha bandexa transparente e un papel no que podedes escribir letras, números, formas xeométricas, debuxos...
- Colocades o papel debaixo e enchedes a bandexa de azúcre ou sal e coa axuda dun pincel ides mandando atopar cousas (con modelo ou sen modelo en función da idade do nen@).
4ª ACTIVIDADE: CENTRO DE LAVADO
- Precisamos unhas gabetas, barreños ou tinas que poidamos encher de auga, utíles para lavar (xabón, cepillos, esponxas...) e unha toalla para secar.
E collemos todos aqueles xoguetes que precisen unha limpieza e mans á obra...deixarémolos requetelimpos!!
Moito ánimo familias. Botámosvos moito en falta!
No hay comentarios:
Publicar un comentario