viernes, 3 de abril de 2020

Propostas de lecto-escritura e grafomotricidade.

Bos días familias! Os deixamos algunhas propostas moi sinxelas sobre grafomotricidade e lecto-escritura. Só necesitades materiais que todos temos por casa: pinzas da roupa, cartón (recicla calquera cousa como a caixa de cereais ou de galletas por exemplo), caixa de galletas, tesoiras, rotus, folios...

  • Dados de grafo. Se non os podedes imprimir animádevos a facelos vos coa axuda dunha regla, despois, lanza os dous dados e a realizar estes divertidos trazos!

  • Xogos coas letras. Podedes adaptar a actividade dependendo da idade dos vosos fillos e fillas, utilizando palabras que sexan significativas para el ou ela. Cos nenos e nenas de 3 anos podedes comezar cos seus nomes e cos nomes dos membros da familia, por exemplo.


  • Listas de palabras. Buscamos cousas pola casa que empecen, por exemplo, coa letra A. Despois facemos un rexistro de todo o que conseguimos.


  • Xogos de insertar. Podedes utilizar unha caixa calquera e escribir o abecedario, coa axuda dun coitelo ou cuter facemos unhas ranuriñas onde insertaremos os paliños de madeira (se non tedes podedes utilizar tiras de cartón, culleres de plástico...). Cos máis maiores podedes traballar a correspondencia maiúscula - minúscula.


Agardamos que todos esteades ben. Bicos e abrazos purrusquitos e purrusquitas!! Xa queda un día menos 💖










No hay comentarios:

Publicar un comentario