Celebramos a graduación do alumnado de 6.º de Educación Infantil nun acto cheo de emocións, no que familiares e compañeiros compartiron este momento tan especial e gozaron dunha interpretación musical de «A la guerra yo no voy».
lunes, 22 de junio de 2026
lunes, 18 de mayo de 2026
viernes, 15 de mayo de 2026
Obradoiro de Maio
Maio tráenos a primavera en todo o seu esplendor, polo que é o momento adecuado para pasalo ben cos elementos do entorno acercándonos as nosas tradicións.
Cada conmemoración convértese nunha oportunidade para aprender dun xeito lúdico, crear recordos e seguir medrando xuntos.
jueves, 14 de mayo de 2026
Visita da policia
Hoxe en Infantil vivimos unha mañá moi especial coa visita da Policía Local, unha experiencia chea de aprendizaxes e ilusión para os nosos peques. Coñecer de preto o traballo que realizan, ver o seu uniforme e descubrir como nos axudan no día a día foi algo que espertou moita curiosidade e entusiasmo entre todo o alumnado.
Algo que nos encanta en Infantil é ter visitas dos familiares dos nosos peques, e esta vez foi compartida por todo o alumnado de infantil. Grazas a Eloy por compartir este ratiño con nós e facer dunha mañá normal algo moi especial.
A través desta visita, os nenos e nenas puideron aprender sobre a importancia de respectar as normas, coidar dos demais e valorar o traballo das persoas que velan pola nosa seguridade. Sen dúbida, foi unha xornada para lembrar!
Saída ao Teatro
O pasado 5 de maio acudimos ao teatro AFUNDACIÓN para gozar dunha obra de monicreques infantil.
A historia captou a atención dos pequenos e aínda que non puidemos acudir ao parque foi unha excursión que nos gustou moito.
viernes, 27 de marzo de 2026
Exposición da Biblioteca
Este trimestre o alumnado de Infantil encargouse da exposición da biblioteca.
Se queredes descubrir o noso traballo só tedes que escanear os códigos do mapa e mergullarvos nas lendas das nosas provincias.
jueves, 26 de marzo de 2026
Musical "Pum Pum, quen hai?
O pasado mércores 18 de marzo acudimos a sala Ártika para disfrutar dun espectáculo en galego.
Pasámolo xenial e poidemos xogar un ratiño no parque.
domingo, 22 de febrero de 2026
As portadas de Galaxia
O pasado venres fomos de excursión ao museo do Marco en Vigo, durante esta actividade acercámonos a literatura e a ilustración de moitos dos contos da literatura galega que marcaron un fito na historia de Galicia.
jueves, 12 de febrero de 2026
Obraodiros internivel "O entroido Galego"
A primeira semana do mes de febreiro metémonos de cheo no Entroido e concretamente na investigación das Pitas de Eiroás posto que durante a comparsa deste ano o alumnado de EI desfilará co seu marabilloso disfraz.
-
PADRIÑOS TRES ANOS - foto montaje Sodes moitos os pais que me preguntades en titorías " qué é eso dos padriños dos nen@s" Po...
-
O próximo 23 de Abril ,día do Libro,o alumnado de E. Infantil imos ir a Gondomar. Asistiremos invitados por Espazo Lectura , ao con...
-
Bos días familias! Os deixamos algunhas propostas moi sinxelas sobre grafomotricidade e lecto-escritura. Só necesitades materiais que todos ...

.png)