Hoxe en Infantil vivimos unha mañá moi especial coa visita da Policía Local, unha experiencia chea de aprendizaxes e ilusión para os nosos peques. Coñecer de preto o traballo que realizan, ver o seu uniforme e descubrir como nos axudan no día a día foi algo que espertou moita curiosidade e entusiasmo entre todo o alumnado.
Algo que nos encanta en Infantil é ter visitas dos familiares dos nosos peques, e esta vez foi compartida por todo o alumnado de infantil. Grazas a Eloy por compartir este ratiño con nós e facer dunha mañá normal algo moi especial.
A través desta visita, os nenos e nenas puideron aprender sobre a importancia de respectar as normas, coidar dos demais e valorar o traballo das persoas que velan pola nosa seguridade. Sen dúbida, foi unha xornada para lembrar!
No hay comentarios:
Publicar un comentario