jueves, 21 de diciembre de 2023

 OBRADOIRO NADAL

Para este obradoiro fixemos un contacontos do bonito libro "Arce, Sauce y el árbol de Navidad". A estas dúas nenas o que máis lles gusta facer no Nadal é xogar coa neve, facer adornos para a árbore e cociñar ricas bolechas. É por isto, que fixemos un divertido obradoiro de arte e un riquísimo obradoiro de cociña.

BO NADAL!!!!!


viernes, 15 de diciembre de 2023

MAGOSTO

O venres 24 de novembro subimos ao Monte Galiñeiro para festexar o "Magosto". 
Ademais de comer unhas deliciosas castañas, fixemos unha búsqueda de tesouros de outono, pintamos a cara e elaboramos uns bonitos castañeiros.


OBRADOIRO DÍA DA INFANCIA

O 20 de novembro conmemoramos o Día Internacional dos Dereitos dos Nen@s, facendo un divertido e colorido obradoiro, no que desfrutamos pintando as uñas, facendo mechas de cores no pelo, debuxando o Arco da Vella coas nosas mans e confeccionando colares de cerais.

Todo isto coa finalidade de berrar ben forte que: TODOS OS NEN@S TEMOS DEREITO A XOGAR!!!!!


lunes, 13 de noviembre de 2023

SAMAÍN

Para festexar a chegada do Samaín este curso xuntámonos as tres aulas de infantil e fixemos divertidísimos obradoiros monstruosos de arte e luz negra: tranformámonos en monstros, buscamos bechos en apócemas noxentas, construímos castelos tenebrosos e ata decoramos cabazas ao estilo de Yayoi Kusama.

lunes, 9 de octubre de 2023


VENDIMA


Comezamos o curso cunha divertida actividade propia da nosa terra: A VENDIMA.
Este curso temos que agradecer aos veciños que nos prestaran as súas vides para que a experiencia fose máis realista. Ademais contamos coa compaña dos nosos padriños e madriñas para facer todo o proceso; dende cortar os acios, debagar e pisar as uvas para sacar o zume co que despois puidemos xogar e experimentar.
Velaqí deixamos o enlace para que podades ver o ben que o pasamos:     


👉 VENDIMA 2023

jueves, 1 de junio de 2023

Excursión ao Museo do Mar

O pasado 31 de maio fomos de excursión ao Museo do mar de Vigo, e descubrimos moitas das especies que habitan a nosa ría e a importancia de reciclar.

jueves, 11 de mayo de 2023

Obradoiros dos Maios

Encántanos cando temos obradoiros e xuntámonos con todos os amig@s! Aquí vos deixamos dous vídeos coas fotos dos obradoiros que levamos ao cabo para darlle a benvida a primavera. 🌸🌸🌸

martes, 2 de mayo de 2023

Excursión Maio 2023

 Hoxe os pequenos de Vincios fomos de excursión a Vigo para gozar da exposición e obradoiro da Afundación sobre os Ourives de Santiago e a posterior obra teatral de Feo.

Pasámolo xenial!





lunes, 17 de abril de 2023

Contacontos " La gallina roja"

 Hoxe tivemos un contacontos moi especial realizado por Belén, especial porque unha nova familia quixo compartir con nós un conto na biblioteca e tamén porque foi un conto realizado coa linguaxe de signos.

Grazas Belén!



viernes, 31 de marzo de 2023

Salvemos al planeta

Os alumnos de Infantil traballaron moito este trimestre para ensinarlle a tódolos nenos do cole o que aprenderon sobre o noso planeta Terra.
Aquí vos deixamos a nosa exposición para a biblioteca!
Agardamos que vos guste!