martes, 20 de diciembre de 2022

OBRADOIROS DE NADAL

ESTE MES DE DECEMBRO ESTÁ SENDO MOI AXETREADO PARA TOD@S CON PREPARATIVOS DE NADAL POR TODAS PARTES ASÍ QUE DENDE INFANTIL APROVEITAMOS PARA XUNTARNOS E DESFRUTAR FACENDO ESTAS TAREFAS TODOS XUNTOS AXUDÁNDONOS UNS A OUTROS E APRENDENDO DOS NOS@S COMPIS!

AQUÍ VAN ALGÚNS MOMENTOS DESTES OBRADOIROS. 


 

viernes, 2 de diciembre de 2022

DÍA 25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

COMO CADA 25N, OS RAPACES E RAPAZAS DE INFANTIL VOLVEMOS A XUNTARNOS UNHA VEZ MÁIS POR GRUPOS MESTURADOS PARA COMPARTIR MOMENTOS, AXUDARNOS E VIVENCIAR TEMÁTICAS QUE NOS AFECTAN NA NOSA REALIDADE.

PARA INICIAR ESTES OBRADOIROS CONTAMOS NA NOSA FABULOSA BIBLIOTECA, UN CONTO MOI ESPECIAL DE RAQUEL DÍAZ REGUERA NO QUE SE MOSTRA DUN XEITO MOI SENSIBLE E DOADO A SITUACIÓN POLA QUE ESTÁ PASANDO "RATONA" E A SÚA REACCIÓN ANTE ELA, FACÉNDONOS ENTENDER QUE CALQUERA TIPO DE VIOLENCIA NON A PODEMOS TOLERAR. 

"SOMOS SÓ NOS@S. SEMPRE E EN CALQUERA SITUACIÓN"

viernes, 28 de octubre de 2022

Samaín 2022

 Esta semana fixemos uns obradoiros moi especiais para festexar o Samaín.

A partir do conto de "Monstruo Verde" elaboramos uns mounstruos moi gustosos e gozamos da noite e os seus misterios


viernes, 14 de octubre de 2022

VENDIMA 2022

 E POR FIN CHEGOU O MOMENTO QUE TOD@S ESPERABAMOS CON TANTA ILUSIÓN... VOLTAMOS AOS NOSOS QUERIDOS OBRADOIROS COMPARTIDOS ENTRE AS AULAS E ESTA VEZ COMPARTIDO ACTIVIDADE TAMÉN C@S NOS@S COMPIS DE PRIMARIA XA QUE, ESTE ANO, ACOMPAÑÁRONNOS NA NOSA VENDIMA OS NENOS E NENAS DE 1º DE PRIMARIA PARA GOZAR CON NÓS DA RECOLLIDA E A POSTERIOR PISADA DAS UVAS E PODER ACADAR O MOSTO DAS NOSAS UVAS. 

UNHA DAS NOSAS ACTIVIDADES PREFERIDAS SEN DÚBIDA DO CURSO: A VENDIMA!, QUE NON SERÍA POSIBLE SEN A COLABORACIÓN D@S NOS@S PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORES QUE SEMPRE ESTÁN DISPOST@S A AXUDAR AOS SEUS AFILLAD@S. 

GRAZAS COMPIS DE PRIMARIA POR TANTO AGARIMO QUE POÑEDES EN TODO O QUE FACEDES CON NÓS!



lunes, 26 de septiembre de 2022

Obradoiro de arte " Moncho e a mancha"

Xa comezamos o curso escolar 2022/23 en educación infantil e mentres os máis pequenos estaban realizando o periodo de adaptación os nenos de 4 e 5 anos descubrimos un novo espazo deste curso. A aula de psico e usos múltiples e aproveitando a nova tarima e a posibilidade de estar xuntos de novo fixemos este obradoiro de arte basado no libro de "Moncho e a mancha"

martes, 21 de junio de 2022

A festa da auga.

Onte realizamos unha pequena festa da auga, o tempo non acompañou e os xogos foron modificados, pero o máis importante e que os nenos pasárono ben e foi unha xornada moi divertida.

miércoles, 15 de junio de 2022

Coñecendo Vincios, visitamos a Melosa

O alumnado de 3 e 4 anos de Educación Infantil fomos dando un paseíño pola nosa parroquia. Visitamos a pastelería da Melosa e fixemos un pequeno obradoiro moi divertido, na que nos convertemos en pasteleiros.
Temos que agradecer a colaboración de Vanesa, Fran e Concha, grazas por abrirnos a vosa casa!

miércoles, 25 de mayo de 2022

SAÍDA A VIGO E VISITA Á EXPOSICIÓN "VEXO, VEXO!, QUÉ VES?"

 O pasado xoves día 5 de maio por fin tivemos saída. Fomos visitar unha exposición a Afundación titulada "Vexo, vexo!, qué ves?. Entusiasmados por saír xuntos de excursión puidemos gozar dunha exposición artística onde o humor, o lúdico e o creativo fusionábanse para complementarse.

Tamén desfrutamos dun obradoiro de manualidades e da visita a un submarino virtual no que aprendimos algunhas das especies que viven no fondo mariño da nosa Ría.

Encantounos ir en bus, dar un pequeno paseo pola cidade olívica e visitar un museo tan divertido!