O pasado xoves día 5 de maio por fin tivemos saída. Fomos visitar unha exposición a Afundación titulada "Vexo, vexo!, qué ves?. Entusiasmados por saír xuntos de excursión puidemos gozar dunha exposición artística onde o humor, o lúdico e o creativo fusionábanse para complementarse.
Tamén desfrutamos dun obradoiro de manualidades e da visita a un submarino virtual no que aprendimos algunhas das especies que viven no fondo mariño da nosa Ría.
Encantounos ir en bus, dar un pequeno paseo pola cidade olívica e visitar un museo tan divertido!
No hay comentarios:
Publicar un comentario