Clicade no enlace para velo!
Os deixamos algunhas propostas que podedes levar a cabo a partir do conto:
- Podedes establecer un diálogo cos vosos fillos e fillas para recordar que alimento traía cada animal para botarlle a sopa, quen chegaba antes a casa de Tartaruga, quen chegaba despois...
- Meter os vexetais que teñades na casa nunha bolsa e os nenos e nenas cos ollos tapados deben sacar un e adiviñar cal é polo tacto. Aproveitade para que describan o máximo de características posibles.
- Achegar aos cativos á arte de Arcimboldo. Unha das súas series máis coñecidas é a de "As Estacións", onde Arcimboldo crea uns característicos retratos dando rostro a cada unha das estacións do ano a partir dos elementos característicos que conforman o seu clima, vexetación, cores e ambiente.
Despois animádevos a facer as vosas propias composicións.
- Estampar os diferentes vexetais ou froitas e observar as diferentes formas que saen. Aproveitade para deixar voar a imaxinación e realizar as vosas obras de arte.🍅🍆🍏🍋
- Facer unha tartaruga. Podedes crear á protagonista do conto con material de reciclaxe.🐢
Bicos a moreas!💋
No hay comentarios:
Publicar un comentario