Orellas de Bolboreta é un conto da Editorial Kalandraka escrito por Luisa Aguilar e ilustrado por André Neves e nós fixemos unha adaptación en stopmotion.
Ademáis, cremos que a mellor defensa é unha boa prevención, asique ademáis de conciencialos e traballar a empatía para evitar que se dean este tipo de situacións, é tamén moi importante traballar a autoestima, polo que vos propoñemos a seguinte actividade.
ELABORAR UN AUTORRETRATO:
Artistas célebres como Van Gogh traballaron o autorretrato , tal e como podedes ver neste enlace
(👉Autorretratos Van Gogh). É unha gran forma de observarnos e coñecernos mellor.
A proposta é a seguinte. Diante dun espello observarnos detidamente e facer un autorretrato co material que prefiran: lápis de cores, rotuladores, pintura de dedos,pincel, combinando técnicas....
Unha vez finalizado, ir comentando aquelas cousas que se nos dan ben : habilidades, destrezas, caracterísitas emocionais (son amable, son simpático, sei contar contos....) e plasmalas tamén no noso debuxo.
A idea é, ademáis de traballar a observación, o esquema corporal , o trazo e a expresión a través do debuxo, reforzar a autoestima facendo fincapé nos aspectos positivos.
EXPERIMENTO DE ABSORCIÓN
Outra das experiencias que vos propoñemos é este experimento de absorción para reflexionar, de forma práctica e visual, sobre a beleza e importancia de ser totalmente diferentes entre nós.
No hay comentarios:
Publicar un comentario