Qué vos parece xogar un pouquiño coa arte?..A proposta de hoxe sacámola dunha foto que nos mandou Eva, da clase de 4 anos, onde representaba un cadro famoso co seu curmán. Recordádela?. Era esta...
O quitasol (Francisco de Goya)
Gustounos tanto a idea que hoxe pensamos en poñela como proposta de arte para que todos e todas poidades pasar un ratiño gozando coas obras de arte de pintores famosos. Podedes representar retratos, paisaxes, bodegóns... o que queirades, a única condición é que sexa unha representación co voso corpo como protagonista. Animádevos e mandade as vosas fotiños...
Aquí vos vai un exemplo de bodegón, a ver se vos gusta!
TRES XIRASOIS NUN XARRÓN
(Vincent Van Gogh)
(Vincent Van Gogh)
No hay comentarios:
Publicar un comentario