Ola familias! Como ben sabedes queda pouco para festexar o día das
Letras Galegas. Debido ao momento que estamos a pasar, o noso popular certame literareo da
Xoaniña 19-20, será un pouco diferente. Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega aos nenos e nenas de Infantil propóñennos participar no certame cunha creación dunha
Xoaniña. Podedes facelas como máis vos guste: con material de reciclaxe, con telas, cunha receita de cociña... sacádelle unha foto e enviárnola que cando poidamos voltar ao cole, no primero evento que teñamos as usaremos para decorar. De tódolos xeitos, se facedes as xoaniñas con material non perecedoiro lembrade que podedes tráelas cando poidamos voltar ao cole.
Animádevos a participar!!
E a propósito de xoaniñas deixámosvos este conto
"A xoaniña rosmona" de Eric Carle. A xoaniña rosmona nunca pide as cousas "por favor" nin dá as "grazas", nos sabe o que é compartir, pensa que é maís grande e mellor que ninguén, e sempre está disposta a buscar pelexa.
Seguindo a viaxe da xoaniña, os nenos e nenas exploran os conceptos da hora, do tamaño e das formas, ao tempo que aprenden boas maneiras.
Clicade no enlace para velo.
Ademáis para mover o corpo os deixamos esta cantiga de Cé Orquestra Pantasma: Xoaniña voadora!
No hay comentarios:
Publicar un comentario