Comezamos unha nova semana, parece que calurosa así que, coma todos os luns, aquí vos quedan algún xoguiño dos que propón a profe Noe. Feliz semana familias!
Ola FAMILIAS!, espero que todos sigades ben, esta semana dende AL propoñemos un divertido xogo para seguir ampliando e mellorando a linguaxe dos peques, pero sobre todo, para pasar un bo rato en familia.
Trátase do xogo: Quen son?: o xogo consiste en que cada xogador ponse unha tarxeta na fronte (non pode saber cal lle tocou) e ten que adiviñar que persoa, obxecto, animal (eu vos deixo tarxetas de animais pero podedes facer as que vos prefirades)…
O mellor e facer só preguntas que teñan como resposta SI ou NON: Son un animal?, Vivo no mar?, Podo voar?
Unha boa maneira de que respecten a súa quenda é que só o que sosteña a man (adxunto PDF), pode facer a pregunta.
Aquí vos queda un enlace para imprimir as tarxetiñas:
No hay comentarios:
Publicar un comentario