Como estades? Esperamos que levedes esta situación o mellor que poidades e que vos axude un pouquiño o que vos imos deixando por aquí. Non vos esquezades de ler a entrada anterior e animarvos a participar enviándonos as vosas fotos!, queremos saber que estades a facer! Botámosvos de menos 💖 Propuxémonos centrarnos no positivo neste tempo de caos e queremos compartir unha estratexia que utilizamos no cole para volver á calma, o mindfulness. Queredes practicar mindfulness cos vosos fillos? Aínda que non o practicarades nunca, este podería ser un bo momento para facelo. Non se trata de facelo ben, trátase de converter algunha rutina, un xogo… nun momento consciente, ofrecéndolles presenza plena e calma. Nesta ligazón tedes recursos que vos poden axudar.
11 ejercicios de midfulness para niños
E outra cousa que estaría ben lembrar. Non pasa nada por parar, aburrirse, desconectar, reflexionar, sentir… É máis, está ben. Escoitar os nosos medos, inseguridades, frustracións, dános pistas moi valiosas para non cometer os mesmos erros. Se non paramos corremos o risco de non aprender nada. Convidámosvos a parar, escoitarvos e escoitar. A observarvos e observar. Ao fío desta reflexión, deixámosvos a ligazón ao conto de Anna Llenas, “Vacío”. Fala de como a súa protagonista, Julia, se enfronta a unha sensación forte de angustia ante unha situación nova que lle sobrepasa, unha sensación de vacío. Nestes tempos de cambio e incerteza, nos que seguro nos veu a ansiedade, activaríansenos mecanismos e respostas diferentes. E é que todos a enfrontamos como podemos. Tedes ganas de saber como o fixo Julia?
Recursos conto "Vacío" Mandámosvos todo o noso agarimo.💚
No hay comentarios:
Publicar un comentario