lunes, 23 de marzo de 2020

Fogares conectados, luns 23 de marzo.

Roque

E séguennos chegando fotos e vídeos que nos alegran o día. Aquí tedes a Roque facendo exercicio en familia e aproveitando para ensinarnos un truco para facer ben o pino: "Hacer así con toda la fuerza que tengas". 💪

Roque facendo o pino


Roque facendo exercicio



Saúl

E aquí tedes a Saúl que tivo unha idea xenial para protexerse estes días dos bicos, pintarse a cara como Spiderman!!😂

Tamén coloreou un arco da vella para poñer na xanela e animar á veciñanza, xogou con area Kinetic (experimento da súa mamá que lle saíu xenial) e fixo algún que outro prato de comida con terra e herbas. 😋






E hoxe, fixo unha torta co seu irmán Jairo para celebrar o cumpre da avoa, enviáronlle un vídeo soprando as velas porque nesta situación non poden estar con ela. 
Moitísimas gracias Saúl e Roque por compartir estes momentos con todos.😘


No hay comentarios:

Publicar un comentario