miércoles, 18 de marzo de 2020

Fogares conectados, mércores 18 de marzo

E durante este mércores 18 de marzo xa foron chegando fotiños das vosas casas contándonos o que estades a facer estes días nos que #quedamosnacasa...



Aquí está Nico que, aproveitando que non se pode saír da casa, está facendo o seu propio pan coa súa irmá Lia. Ummm... que pintaza ten, seguro que está riquísimo!!






Unai decidiu facer un debuxo para decorar a fiestra da súa habitación e animar a tod@s os que a miren. Mirade que contento co seu arco da vella e que precioso quedou.





E, por último, Vera que decidiu pintar con acuarela un parchís propio para xogar en familia estes días e tamén estivo fedellando pola casa para intentar atrapar a unha arañiña.... Qué creedes, conseguiríao?







Graciñas familias polas vosas aportacións. Encantad@s de poder saber dos máis peques da casa. Desexando voltar a achuchalos!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario