lunes, 30 de marzo de 2020

ERUPCIONANDO COMA UN VOLCÁN

Bos días,
esta semana que decidimos darlle visibilidade aos vosos contos preferidos, nos tamén queremos presentarvos algunha que outra lectura que nestes momentos vennos moi ben recordar a todos.
Seguro que hai días nos que estades moi pero que moi enfadados e non conseguides saber moi ben o motivo...iso pásanos a todos e a todas especialmente nestas semanas, pero non vos preocupedes, todo pasa e despois dunha tempestade sempre chegará a calma...
Por iso e para tentar de axudar a calmar a tempestade neses momentos, imos a propoñervos dúas tarefas moi sinxelas e divertidas, a ver que vos parecen!

Pero primeiro, recordaremos o conto de "Vaya Rabieta" de Mireille D allance no que Roberto tivo un mal día e atopábase de moi mal humor... mirade ben o que lle pasou...






 Despois de ter escoitado o conto que vos parece facer algunha actividade relacionada con el?

1ª ACTIVIDADE: Experimento do volcán / Experimento da lámpada de lava

Clicade aquí para seguir os pasos:

https://issuu.com/librincios/docs/experimentos_rabia



2ª ACTIVIDADE: A caixa das miñas rabietas

Nesta actividade só teredes que buscar unha caixiña que teñades por casa e decorala coma máis vos apeteza. Esta caixiña serviravos para meter nela ao voso monstro da rabia se algunha vez ocúrreselle saír... Mirade a miña que ben me quedou!!





No hay comentarios:

Publicar un comentario