Boas familias,
Dada a situación que vivimos nestes momentos, é realmente importante establecer pautas de limpeza e hixiene, e sobre todo cos máis peques. Por iso, gustaríanos compartir convosco o seguinte experimento:
EXPERIMENTO: FÓRA VIRUS E BACTERIAS
PRIMEIRAMENTE NECESITAREMOS:
- Colorante
- Perexil ou
pimienta
- Un prato
- Auga
- Xabón
O EXPERIMENTO CONSISTE EN:
1. Encher un
prato con auga e verter nel "o virus", que, neste caso, non é máis
que perexil ou pementa negra moída e unhas gotitas de colorante.
2. Para entender o que pasaría coas mans sucias, introdúcese un dedo dentro deste corpo. Ao sacalo, o dedo está cheo de "virus", é dicir, de pementa moída ou perexil.
3.Que
pasaría coas mans limpas? Para iso, introdúcese o mesmo dedo con xabón no
"corpo con virus". Acto seguido, o dedo limpo fará que os virus se
afasten grazas á reacción química que provoca o xabón. "Ala!".
Esperamos que vos guste.
Un Saúdo e moito ánimo
No hay comentarios:
Publicar un comentario