E aquí vos deixamos un par de receitas sinxelas e moi rapidiñas de facer cos peques durante estes días nas vosas casas. Animádevos a pasar un bo momento na cociña que a eles seguro lles encanta!!
Como xa sabedes, as receitas de cociña son moi apropiadas para traballar aspectos lóxico matemáticos xa que proporcionan momentos para traballar de xeito manipulativo as cantidades, trasvases, clasificación, secuencias,
medidas e descifrado de códigos visuais na elaboración das mesmas...
Nesta segunda receita podedes facer un traballo paralelo de xeometría... facendo visualizar aos rapaces e rapazas algunha das formas xeométricas básicas reforzando este aprendizaxe dun xeito moi atractivo para eles.
No hay comentarios:
Publicar un comentario