jueves, 18 de junio de 2020

Grazas

Boas tardes a todos/as:

Hoxe toca despedirse deste curso tan "diferente" e só podemos darvos as grazas por estar ao outro lado da pantalla. Grazas por as vosas mensaxes de agarimo, grazas por enviar as fotos para que todos/as puidéramos sentirnos un pouquiño máis preto, grazas por acoller a nosas propostas e parabéns! Parabéns porque sabemos o esforzo que supuxo chegar ata aquí. Esperamos que o curso que ven poidamos darnos unha aperta ben grande. Bo verán a todos/as!!

Deixámosvos este vídeo con todo o noso agarimo, esperamos que vos guste. Para velo clicade no seguinte enlace.




Bicos a moreas 💋💋💋
As profes de Educación Infantil.

miércoles, 17 de junio de 2020

ANIVERSARIOS DE VERÁN DA AULA DE 5 ANOS


Hoxe  tócanos felicitar aos nenos e nenas de 5 anos que están de aniversario neste verán. PARABÉNS!!


Moitos bicos e abrazos por eses 6 aniños de parte de tod@s @s compis e profes!!!






Adicámosvos esta canción.




martes, 16 de junio de 2020

ANIVERSARIOS DE VERÁN DA AULA DE 4 ANOS

Hoxe os deixamos os aniversarios dos nenos e nenas da aula de 4 anos que cumpren anos neste verán. Parabéns chic@s!! Agardamos que cando chegue o día o festexedes como se merece.

Adicámosvos esta canción.



Bicos a moreas!💋💋💋



lunes, 15 de junio de 2020

ANIVERSARIOS DE VERÁN DA AULA DE 3 ANOS

Queremos felicitar tamén a todos os nenos e nenas que cumpren anos en verán...Mirade cántos son os que naceron nesta data veraniega. Parabéns a todos e millóns de biquiños de cores!


Esta canción vai adicada a tod@s vos!!





domingo, 14 de junio de 2020

PROPOSTA DE AL


E xa non queda nada... esta semaniña é a última e xa damos por rematado o curso. Un curso diferente que remata dun xeito distinto ao de todos os anos pero queremos que esta semana sexa especial e que vos deixe un bo sabor de boca para dar comezo a un período de descanso no que repoñamos pilas para voltar en setembro con máis ganas que nunca. Aquí vos vai a derradeira proposta de AL, unha proposta moi lúdica que, seguro, a todos e todas vos gustará!


Ola familias!
Presentamos a última  proposta de AL para os peques. Esta vez, trátase dunha actividade interactiva moi divertida, onde os nen@s deberán darlle aos pulsadores e crear unha frase  que responda ás preguntas quen, que e onde.
Foi un pracer poder seguir en contacto con todos vós a través do blogue de infantil, desfrutade moito deste verán, recargade pilas e vémonos en setembro!!!!!

Moitos bicos e achuchóns virtuais.

    Accedede ao xogo neste enlace para descargar o arquivo e poder xogar despois:

viernes, 12 de junio de 2020

FOGARES CONECTADOS, VENRES 12 DE XUÑO




 HOXE COMPARTIMOS A FOTIÑO DE NAIRA

Mirade! Aquí temos outra augamar feita por Naira! Que bonita!





Moitas grazas por compartir esta actividade connosco




E o conto é...


Nadarín!!! 
Sii, seguro que moitos de vós adivinástelo!! Tratáse do conto de Nadarín... É un conto que demostra que a unión fai a forza e o pez pequeno non sempre debe temer ao grande. Moitas veces nos esquecemos do valor da cooperación para superar os medos.

Clicade no seguinte enlace para ver se vos gusta este conto especial.
Nadarín

Bicos a moreas 💋💋💋