jueves, 11 de junio de 2020

FOGARES CONECTADOS, XOVES 11 DE XUÑO

Hoxe mándannos fotiño...


NAIRA:

Que fixo un fermosísimo móbil de peixiños de cores... Encántannos Naira quedoute precioso!






RENI:

Que quixo facer unha homenaxe aos océanos deste xeito tan orixinal e bonito... Mirade que mural tan chulo cheo de diversas especies mariñas... Non nos pode gustar máis Reni!



MIA:

Que compartiu unhas fotiños ensinándonos as cousas que soe facer nestes días por casa... e nalgunha aparece con alguén que tamén coñecedes... a ver se adiviñades quen é!


 

 

 


Graciñas unha vez máis familias... Estades facendo moi bo traballo dende as casas... Moito ánimo que xa queda pouquiño para tomar unhas merecidas vacacións!

MÓBIL MARIÑO DE PEIXES

E aquí vos traemos a última pista para que poidades adiviñar de qué conto vos estamos a falar.... A qué moitos e moitas xa sabedes de qué conto se trata?... Ainsss pero qué listos e listas sodes!. 
A ver, imos a facer reconto... o primeira pista falaba de anémones, a segunda pista traía unha augamar....Pero para aqueles que aínda non o teñades claro aquí vos vai a terceira e última pista... un banco de peixes vermellos.
Este banco de peixes volo mostramos en formato de móbil mariño por se vos animades a facelo e o colgades de decoración veraniega nos vosos cuartos ou noutro sitio que vos apeteza telo!






E esta sería entón a nosa terceira pista para adiviñar o conto...un banco de peixes vermellos...



Noraboa aos que xa tedes a resposta e os que aínda non , non vos preocupedes porque tedes tempo ata mañá. Moito ánimo que seguro que o conseguides!


VIDEO DE BANCO DE PEIXES



miércoles, 10 de junio de 2020

FOGARES CONECTADOS, MÉRCORES 10 DE XUÑO

NUNO
Chegaron fotiños de Nuno e tamén algúns videos onde podemos ver o moito que traballaron o tema do reciclaxe...Moi ben familia cantas actividades fixéchedes...

 Unha placa para a súa bicicleta con un tambor de deterxente

 

O xogo da rá con rolo de papel hixiénico


Unha zodia coa cámara dun neumático vello e un trozo do bote do gel de baño.



Un cohete espacial con cartóns


 E quixo compartir uns videos:
Aquí o tedes facendo unha maceta e plantando zanahorias



E aquí facendo un comedeiro de paxaros


Nuno es un campión! Noraboa por todo o teu esforzo e traballo! 💖


PAULA
E aquí temos a outra artista! Mirade, mirade! Con flores e follas secas fixo este precioso collage. Ese xeado é ben merecido! Noraboa Paula!🍦

ILIE

E tamén xa temos a primeira augamar!! Ilie, quedouche xenial! Encántanos ver que vos gustan as propostas das profes! Noraboa campión!😍


Moitas grazas por compartir connosco estes momentos.
Bicos a moreas 💋💋💋


Augamar

Bos días purrusquit@s!!
Pois seguimos coas pistas... por aquí ven unha medusa que tamén aparece no conto.
Que? Os facedes unha idea? Anémone, augamar... mmm volo estamos poñendo moi difícil! Pero é un conto que moitos de vos coñecedes porque xa o contamos no cole. Veña, veña seguide pensando e mentres aquí vai a proposta de hoxe.










 E aproveitando que estamos na semana dos Océanos non esquezades o que nos recorda Greenpeace.

Sabedes que se tiras mascarillas ou guantes ao chan poden chegar ao océano? Sabes que tardan máis de 100 anos en degradarse?
Dende greenpeace alértannos do aumento do plástico dun solo uso polo COVID-19 e da necesidade de responsabilizarnos dos residuos que xeramos.🐟

Aquí tedes máis información Greenpeace.

Bicos a moreas 💋💋💋





martes, 9 de junio de 2020

ANIVERSARIO ALICIA


HOXE TÓCANOS FESTEXAR O ANIVERSARIO DE ALICIA!!!

Parabéns!! Esperamos que teñas un día moi especial!!

Moitos bicos e abrazos por eses 6 aniños de parte de tod@s @s compis e profes!!!


Dedicámosche esta canción:



SEMANA DEDICADA AOS NOSOS OCÉANOS



O NOSO OCÉANO É O NOSO FUTURO

Onte, luns 8 de xuño celebrouse o "Día Mundial dos Océanos", e as profes ocorréusenos prepararvos unha sorpresiña.

O venres queremos contarvos un conto relacionado con este tema, por iso ao longo da semana darémosvos pistas para ver se adiviñades de que conto se trata...

Hoxe empezamos por esta anemone que aparece no conto.. Propoñémosvos  que a fagades como manualidade... Mirade que chula!!!










lunes, 8 de junio de 2020

SESION DE AL




Que tal familias?

Aquí estamos unha semana máis coas nosas propostas de AL, esta vez, consta dunha actividade para traballar a comprensión lectora, SI, SI estades lendo ben, a comprensión lectora, pero tranquilos que non pretendemos que os peques xa lean, trátase dunha comprensión, pero no lugar dun texto, ímolo facer a través dunha imaxe. Os nen@s teñen que ver o debuxo e contestar as preguntas que se lle formulan.
A ver que tal sae!!!


CLICADE AQUÍ PARA ACCEDER AO PDF: