O pasado luns realizamos a vendima no ceip Serra Vincios. Un ano máis os padriños lectores axudáronnos moito e nós gozamos ca experiencia
martes, 3 de octubre de 2017
martes, 26 de septiembre de 2017
Benvidos
Xa comezou un novo curso escolar e con el temos novas incorporacións...
De seguro que o pasaremos xenial durante todo este ano
Benvidos a Vincios!!
jueves, 22 de junio de 2017
A Graduación aula de 5 anos
Hoxe, os nenos de 5 anos despedíronse desta etapa para dar comezo un novo camiño na súa vida, cheo de aventuras, inquedanzas e novos amigos.
Ata sempre
As sesións co Escornabot en Infantil
Ao longo do ano, nas sesións de informática, os nenos de Ed Infantil estiveron traballando cun novo recurso "o escornabot", a eles encantoulles e as diferentes experiencias que tiveron con eles foron moitas e moi divertidas. Aquí vos deixo un pequeno recopilatorio das tarefas que realizamos ao longo de todo o ano cada un dos niveis do noso ciclo.
As novas tecnoloxías non hai quen as entenda pero con paciencia e maña vamos solventando os problemas
miércoles, 21 de junio de 2017
Periodo Adaptación Curso 2017-18
Aquí vos deixamos información dos horarios do Periodo de Adaptación do vindeiro curso da aula de 3 anos.
lunes, 19 de junio de 2017
miércoles, 31 de mayo de 2017
Visita á pastelería Melosa
Hoxe fixemos unha saída moi pero que moi doce, visitamos a Pastelería Melosa. Tras un moi gustoso paseiño polas rúas da parroquia chegamos ao noso destino. Só con entrar entraba fame pois o olor aos boliños recén feitos era incrible. Explicáronnos para que servían todas as máquinas que por alí tiñan, mostráronnos cómo amasaban a masa e deixáronnos facer un croinsant a cada un. Despois puidemos gozar do fantástico xardín con columpios e arboleda para rematar con unha deliciosa merendola (napolitanas de chocolate, croinsants, tortas e zumes). Moitas grazas familia "Melosa" por tratarnos tan ben e con tanto cariño!!.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
-
OBRADOIRO NADAL Para este obradoiro fixemos un contacontos do bonito libro "Arce, Sauce y el árbol de Navidad". A estas dúas nena...
-
Hoxe queremos compartir convosco o conto : "A ovelliña que veu cear " 👉 A OVELLIÑA QUE VEU CEAR Este conto da edit...
-
Dando á benvida ao mes de outubro e a recente chegada do outono, en infantil quixemos celebrar o obradoiro da Vendima este curso un pouqui...