PARA QUE POIDADES VER O BEN QUE NOLO PASAMOS OS NENOS E NENAS DE INFANTIL NO SAMAÍN....
jueves, 5 de diciembre de 2013
lunes, 28 de octubre de 2013
lunes, 7 de octubre de 2013
lunes, 30 de septiembre de 2013
Marmelada de figos
Os nenos e nenas de 4 anos ían cociñar marmelada de figos coa thermomix. Invitáronnos a todos os nen@s de Ed. Infantil á súa andaina pola cociña. E así foi como elaboramos unha riquísima marmelada...Necesitamos
| FIGOS |
Benvidos ao novo curso!!!!
Ola a todos e todas,
Xa estamos de volta con moitas novidades e moi, pero que moi saborosas. Este curso 2013-2014 imos converternos en COCIÑEIROS E COCIÑEIRAS, prepararemos moitas receitas espectaculares e outras un tanto divertidas. Elaboraremos ricos pratos e, ademais, faremos unha ensalada de contos relacionados co tema: sopa de nada, gústame o chocolate, que tal vexetal?, etc.
Un biquiño de chocolate a tod@s
jueves, 2 de mayo de 2013
O Día do Libro
O 23 de abril celebramos o Día do Libro. Os nenos e nenas de Educación Infantil fomos ao parque da Coelleira; onde Espazo Lectura tiña organizada unha sesión de contacontos. Acudimos varios colexios a contar e escoitar contos. Cada escola contaba un conto e escoitaba tres. Na nosa escola, a profe Ana de 4 anos contou o conto de Nadarín e nós escoitamos: El pájaro Pico, Carabuñas e Un gato na árbore. Resultaron moi interesantes e divertidos.
Logo, incluso houbo unha actuación de Fantoches Baj e os velocíclopes, Contos do Tranvía.
Pasámolo moi ben e agradecémoslle moito a actividade a Espazo Lectura.
Nadarín
O luns 22 de abril a profe Ana, de 4 anos, contounos aos nenos e nenas de Educación Infantil o conto de Nadarín. Este conto trata sobre un peixiño negro que nadaba moi ben e ao que se lle ocurriu unha brillante idea para axudar aos seus amigos, os peixiños vermellos. Encantounos o conto e gustounos moito o mural que os nenos/as de 5 anos fixeran coa profe Ángela.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
-
OBRADOIRO NADAL Para este obradoiro fixemos un contacontos do bonito libro "Arce, Sauce y el árbol de Navidad". A estas dúas nena...
-
Hoxe queremos compartir convosco o conto : "A ovelliña que veu cear " 👉 A OVELLIÑA QUE VEU CEAR Este conto da edit...
-
Dando á benvida ao mes de outubro e a recente chegada do outono, en infantil quixemos celebrar o obradoiro da Vendima este curso un pouqui...