O 23 de abril celebramos o Día do Libro. Os nenos e nenas de Educación Infantil fomos ao parque da Coelleira; onde Espazo Lectura tiña organizada unha sesión de contacontos. Acudimos varios colexios a contar e escoitar contos. Cada escola contaba un conto e escoitaba tres. Na nosa escola, a profe Ana de 4 anos contou o conto de Nadarín e nós escoitamos: El pájaro Pico, Carabuñas e Un gato na árbore. Resultaron moi interesantes e divertidos.
Logo, incluso houbo unha actuación de Fantoches Baj e os velocíclopes, Contos do Tranvía.
Pasámolo moi ben e agradecémoslle moito a actividade a Espazo Lectura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario