martes, 20 de octubre de 2026

VENDIMA EDUCACIÓN iNFANTIL 2026


 

Dando á benvida ao mes de outubro e a recente chegada do outono, en infantil quixemos celebrar o obradoiro da Vendima este curso un pouquiño diferente. En vistas do tempo tan cambiante que temos nestas datas aproveitamos as nosas aulas tan amplias para convertelas en recantos preparados para vendimar e para coñecer un pouquiño máis dunha tradición popular que tan arraigada temos en Galicia.

Mesturados por idades, como facemos nos nosos obradoiros de ciclo, acompañamos ao alumnado novo no cole (os peques de 3 aniños) para que desfrutaran deste momento que tanto nos gusta aos nenos e nenas de educación infantil. 

Mirade que ben que o pasamos!!

 

 

lunes, 22 de junio de 2026

Graduación 6º EI

 Celebramos a graduación do alumnado de 6.º de Educación Infantil nun acto cheo de emocións, no que familiares e compañeiros compartiron este momento tan especial e gozaron dunha interpretación musical de «A la guerra yo no voy».



viernes, 15 de mayo de 2026

Obradoiro de Maio

Maio tráenos a primavera en todo o seu esplendor, polo que é o momento adecuado para pasalo ben cos elementos do entorno acercándonos as nosas tradicións.

Cada conmemoración convértese nunha oportunidade para aprender dun xeito lúdico, crear recordos e seguir medrando xuntos.




jueves, 14 de mayo de 2026

Visita da policia

 Hoxe en Infantil vivimos unha mañá moi especial coa visita da Policía Local, unha experiencia chea de aprendizaxes e ilusión para os nosos peques. Coñecer de preto o traballo que realizan, ver o seu uniforme e descubrir como nos axudan no día a día foi algo que espertou moita curiosidade e entusiasmo entre todo o alumnado.

Algo que nos encanta en Infantil é ter visitas dos familiares dos nosos peques, e esta vez foi compartida por todo o alumnado de infantil. Grazas a Eloy por compartir este ratiño con nós e facer dunha mañá normal algo moi especial.

A través desta visita, os nenos e nenas puideron aprender sobre a importancia de respectar as normas, coidar dos demais e valorar o traballo das persoas que velan pola nosa seguridade. Sen dúbida, foi unha xornada para lembrar!



Saída ao Teatro

 O pasado 5 de maio acudimos ao teatro AFUNDACIÓN para gozar dunha obra de monicreques infantil.

A historia captou a atención dos pequenos e aínda que non puidemos acudir ao parque foi unha excursión que nos gustou moito.




 

viernes, 27 de marzo de 2026

Exposición da Biblioteca




 Este trimestre o alumnado de Infantil encargouse da exposición da biblioteca.

Se queredes descubrir o noso traballo só tedes que escanear os códigos do mapa e mergullarvos nas lendas das nosas provincias.









jueves, 26 de marzo de 2026

Musical "Pum Pum, quen hai?

 O pasado mércores 18 de marzo acudimos a sala Ártika para disfrutar dun espectáculo en galego.

Pasámolo xenial e poidemos xogar un ratiño no parque.



domingo, 22 de febrero de 2026

As portadas de Galaxia

 O pasado venres fomos de excursión ao museo do Marco en Vigo, durante esta actividade acercámonos a literatura e a ilustración de moitos dos contos da literatura galega que marcaron un fito na historia de Galicia.



jueves, 12 de febrero de 2026

Obraodiros internivel "O entroido Galego"

 A primeira semana do mes de febreiro metémonos de cheo no Entroido e concretamente na investigación das Pitas de Eiroás posto que durante a comparsa deste ano o alumnado de EI desfilará co seu marabilloso disfraz.




martes, 28 de octubre de 2025

"A bruxa non tan piruxa"

Chega o Samaín e con el, os obradoiros internivel, 

cheos de alegría, facemos maxia cada un dos días!

Podedes botar unha ollada clicando na imaxe






lunes, 6 de octubre de 2025

 

A vendimia 

Como xa é tradición no noso cole, un ano máis o alumnado de Infantil xunto cos seus padriños e madrinas festexamos a vendima. Facemos todo o proceso: cortar, debullar, pisar e ata conseguir un zume co que realizamos plastilina coa que non paramos de xogar.

Que divertidas son estas actividades, que levamos facendo nas nosas casas desde que nacemos!!!
Que non se perda a nosa tradición!!

             

martes, 10 de junio de 2025

Saída o teatro

 O pasado mes de maio todo o alumnado de infantil acudiu a sala Ártika para participar do espectáculo musical " A pastalería".



jueves, 22 de mayo de 2025

Pandereteiras no cole

 O pasado mércores tivemos unha visita moi especial. Algún día membros do grupo " Estraloque" visitou o centro para pasar unha cornada con nós.


Estiveron na radio onde os neno@s de 4° fixéronlle unha entrevista en directo e obxequiáronse con fantástico concerto.

Grazas





lunes, 19 de mayo de 2025

Madeira e metal

 O alumnado de infantil estivo moi ocupado preparando o festival das letras galegas e para iniciar este novo centro de interese, as mestras realizaron un contacontos entorno a un conto " Madeira e metal!. 


martes, 8 de abril de 2025

Excursión o Museo Marco

 Fai unhas semanas os nenos e nenas de infantil fomos de excursión a Vigo para visitar o museo do Marco. Foi unha xornada fantástica .