jueves, 16 de octubre de 2014

Ola familias:
 A partir de agora podedes ver o que pasa no día a día das aulas nos distintos blogues das profes. Estes blogues están na marxe dereita.
Moitas Grazas por seguirnos e participar !!!!



martes, 14 de octubre de 2014

Vexetais moi alegres

Ola a todos/as

Hoxe estivemos facendo un taller de vexetais. En primeiro lugar, lemos o conto Que tal vexetal? Despois, dividímonos en catro grupos: grupo azul, grupo vermello, grupo verde e grupo amarelo. En cada un deles, había nenos/as de 3, 4 e 5 anos mesturados. Logo comezou a aventura: 
- Taller de caras divertidas no Encerado Máxico. Xogamos aos xogos de Mr. Potato, Mr. Banana Head y Mr. Veghead. 
- Taller de caras super divertidas. Pintamos olliños, boca, nariz, orellas e inclusive pés. Mirade que resultado tan fantástico.

lunes, 13 de octubre de 2014

Taller interactivo con hortalizas


Esta semana prestarémoslle especial atención as hotalizas das nosas hortas, para elo realizaremos 3 talleres: contacontos, estampación e elaboración de caras divertidas co ordenador . Aquí vos deixamos os xogos cos que traballaremos


http://www.publijuegos.com/flash/vegetales.htm
http://www.games2girls.com/p/freggieheads

martes, 23 de septiembre de 2014

CONCERTO DE MÚSICA

O pasado venres recibimos no cole a visita dalgúns dos membros da escola de música de Vincios. Ademáis de explicarnos algúns instrumentos e a súa orixe ,contáronnos un conto" A clase de Tuba "
O pasamos xenial ,cantamos , bailamos e vaia festa montamos . Aquí queda unha pequena mostra do ben que o pasamos
Moitas grazas a Escola de música de Vincios



miércoles, 10 de septiembre de 2014

O primeiro día


Xa estamos tod@s preparad@s , e cunha sorpresa , Gabriel , un neno novo que chegou a nosa clase 
E cheos das anécdotas e as aventuras que vivimos este verán damos por inaugurado o novo curso 2014-15 
Bicos doces

martes, 9 de septiembre de 2014

Comenzamos !!!!




MAÑÁ ARRANCAMOS !!!!
A primeira novidade é que cambiamos de aula . Este ano estaremos na clase dos nen@s de 4 anos.
Teño moitas ganas de ver o que medrastes durante as vacacións e de achucaros un pouco , bueno ... de acucharos moito!!
A segunda sorpresa que temos este ano no Ciclo de Infantil , chegóunos en forma de profe nova , un encanto de compañeira que vai a ser a mestra dos nen@s da clase de 5 anos e que se chama ANA, mañá xa a coñeceredes. Bibi será a nova profe de apoio e Ana Rosa será a profe dos máis pequenos , os nen@s de 3 anos.
Ide preparando a mellor das vosas sonrisas .....e ... ATA MAÑÁ !!!!!!

MOITOS BICOS DE CORES
Eva

sábado, 30 de agosto de 2014

SAÍDA FIN DE CURSO

Ola pequerrechos !!!!
As vacacións xa están chegando ao seu fin e dentro de pouco imos estar todos xunt@s de novo. Este vai ser un curso maravilloso , cheo de novas aventuras e  proxectos que levaremos a cabo coa maior das ilusións !!!
Cambiamos de clase , crecimos un pouco e xa non somos os peques do cole. Ide desenfundando as vosas mochilas porque o día 10 arrancamos ....
E para ir abrindo boca nada millor que recordar a última vez que nos vimos . Moitos bicos desta profe que non vos olvida.
Eva
Zaira

MATEO 

XABIER, MARTIÑO E ADHARA
ADHARA , ZAIRA E ANTÍA



NICO



ALEJANDRO

LOIS E AMANDA


IKER E LÍA

ANTÍA


ALEJANDRO E AMANDA





NICO,LUCCA,XABIER,ADHARA E MARTIÑO
LUCCA E NICO



ZAIRA , EMMA E LUCCA