O pasado 25 de novembro celebrouse o Día Internacional contra a Violencia de Xénero e dende o ciclo de infantil quixemos deixar claro que estamos totalmente en contra de calquera tipo de violencia, por suposto, tamén en contra da violencia de xénero. Eleximos o conto "Cuando las niñas vuelan alto" de Raquel Díaz Reguera para facer pensar aos pequenos todas aquelas cousas que ás veces nos impiden conseguir aquilo co que soñamos e despois fixemos un obradoiro moi especial, no que tecimos as nosas alas para voar ben alto. Entre todos rematamos o traballo cun mural colectivo no que deixamos claro o noso rexeitamento a este tipo de actitudes. Mirade que chulo quedou!!
miércoles, 28 de noviembre de 2018
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
-
A primavera xa chegou e comezan a pasar con ela cousas ben curiosas. Hoxe queremos propoñervos un experimento. Qué pasará se intenta...
-
Propoñémosvos xogar cos sentidos, especialmente co sentido do tacto. Para iso, imos elaborar as nosas tarxetas sensoriais. En cartóns de c...
-
Hoxe volve ó circo ás nosas pantallas! Esta vez é o gran Circo do Sol quen sae á escena para facer as delicias de grandes e cativos! Non...