E ESTA VEZ, PARA IR FACENDO CORPO NAVIDEÑO, TRABALLAMOS OBRADOIROS DEDICADOS AO NADAL. UN DE COCIÑA E OUTRO DE ARTE...FIXÁDEVOS QUE BEN O PASAMOS E O BONITAS QUE QUEDARON AS NOSAS CREACIÓNS!!.
martes, 18 de diciembre de 2018
lunes, 17 de diciembre de 2018
Visita familiar
O pasado venres os avós de Ilei viñeron a contar moitas cousas das súas viaxes a África. Descubrimos cousas sobre Exipto e as pirámides, sobre os animais da sabana, o Kilimanjaro ... pero o que máis nos gustou foi a mosquitera que precisaron empregar para que non os picaran os mosquitos.
Grazas por compartir este tempo con nós
Para ver as imaxes clicade na imaxe da mosquitera
miércoles, 28 de noviembre de 2018
25 N. CUANDO LAS NIÑAS VUELAN ALTO
O pasado 25 de novembro celebrouse o Día Internacional contra a Violencia de Xénero e dende o ciclo de infantil quixemos deixar claro que estamos totalmente en contra de calquera tipo de violencia, por suposto, tamén en contra da violencia de xénero. Eleximos o conto "Cuando las niñas vuelan alto" de Raquel Díaz Reguera para facer pensar aos pequenos todas aquelas cousas que ás veces nos impiden conseguir aquilo co que soñamos e despois fixemos un obradoiro moi especial, no que tecimos as nosas alas para voar ben alto. Entre todos rematamos o traballo cun mural colectivo no que deixamos claro o noso rexeitamento a este tipo de actitudes. Mirade que chulo quedou!!
martes, 30 de octubre de 2018
Elaboramos os nosos disfraces
Hoxe tocou ser xastres: morcegos, vampiros, pantasmas, mounstruos... cal queremos facer? Só temos que pensalo para poñernos mans a obra
Boas noites mounstruo verde!
Comezamos a semana do Samaín cun obradoiro mousntruoso.
Mmm... que bo estaba este mousntruo verde!
jueves, 25 de octubre de 2018
VENDIMA INFANTIL
O PASADO LUNS 9 OUTUBRO CELEBRAMOS A VENDIMA NO COLE.
MIRADE CÓMO TRABALLAMOS E O BEN QUE NOLO PASAMOS!!
jueves, 28 de junio de 2018
jueves, 21 de junio de 2018
Vámonos de excursión
Fai uns días fomos paseando por Vincios para facer unha visita moi especial, a panadería.
Moitas grazas por convidarnos!
miércoles, 6 de junio de 2018
VISITA AO MUSEO DO MAR
O PASADO VENRES 1 DE XUÑO VISITAMOS UN MUSEO MOI MARIÑEIRO, O MUSEO DO MAR. NEL PUIDEMOS COÑECER APARELLOS UTILIZADOS NO MAR, ESPECIES MARIÑAS DA NOSA CONTORNA E ACERCARNOS UN POUQUIÑO MÁIS AO CULTURA CASTREXA DESPOIS GOZAMOS DUNHA MERENDOLA AO CARÓN DO MAR...
martes, 5 de junio de 2018
OBRADOIROS "O FINAL DA ERA DOS DINOSAURIOS"
E COMO REMATE FINAL, TANTO DOS NOSOS OBRADOIROS CONXUNTOS COMA DO NOSO PROXECTO DE CURSO, FIXEMOS UNS OBRADOIROS MOI ESPECIAIS NOS QUE APRENDIMOS, A TRAVÉS DOS ALIMENTOS, CALES FORON AS CAUSAS QUE PROVOCARON A EXTINCIÓN DOS DINOSAURIOS.
PARA INICIAR ESTES OBRADOIROS, OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS EXPLICÁRONLLE AO RESTO QUÉ FOI O QUE SUCEDEU A TRAVÉS DUN MURAL QUE TRABALLARON COA APRENDIZAXE COOPERATIVA E DUN VÍDEO MOI IMPACTANTE....
AQUÍ VOS QUEDA A MOSTRA...
lunes, 21 de mayo de 2018
Obradoiro de Familias
Estos días deixamos voar a nosa imaxinación e empregamos os sentidos para gozar do arte dende un novo punto de vista.
Moi recomendable para facer na casa!!
lunes, 23 de abril de 2018
VISITANDO MEIRANDE
O pasado venres día 20 de abril fixemos unha saída moi histórica. Desplazámonos ata Rande para visitar o Museo de Meirande onde poidemos achegarnos á mítica Batalla de Rande onde a lenda conta que afundiuse un enorme tesouro... Despois, aproveitando o bo tempo, fomos a gozar do parque de Redondela e a visitar o seu mercado. Foi unha mañá moi completa e divertida!!. Aquí deixamos a mostra...
jueves, 29 de marzo de 2018
Exposición na Biblioteca !
Este trimestre realizamos a exposición anual na biblioteca, o noso tema foi "os dinosaurios" e intentamos amosarlle aos compañeiros do cole todas as cousas que fomos aprendendo sobre eles.
Esperamos que vos guste!
domingo, 25 de febrero de 2018
A nena e o grilo
O pasado xoves fomos de excursión a ver un espectáculo na Fundación e aproveitamos a nosa merenda no Castro para ver as construccións que alí hai fai moitos, moitos anos.
jueves, 15 de febrero de 2018
Obradoiro sobre os Dinosaurios
Estas últimas semanas estivemos realizando varios obradoiros sobre os dinosaurios e o entroido, aquí vos deixamos algunhas das nosas imaxes.
viernes, 26 de enero de 2018
Paxariñas de origami
O próximo 30 de Xaneiro conmemoraremos o "Día da Paz" e este ano tentaremos emular a Sadako elaborando 1000 grullas de papel para que o noso desexo de Paz cumprase.
Para iso, precisamos da vosa axuda elaborando unha pomba de origami cos vosos nenos, ou as que vós queirades. Aquí vos deixamos un pequeno titorial para logralo.
Nós xa fixemos algunha pomba na aula ca axuda dos padriños lectores pero cremos que este desexo de Paz abrangue a todos nós.
jueves, 25 de enero de 2018
Prendas sen dono
Esta entrada e para amosar algunha das prendas sen dono que estiveron no cesto ou nos percheiros da aula, se alguén cree que algunha delas é súa. Avisade a titora.
Grazas
lunes, 22 de enero de 2018
O horto
Esta mañá o pai dun neno da aula de 3 anos viu co seu tractor para fresar a horta, quedámonos abraiados co seu tractor e o rápido que removeu a terra.
Grazas por vir a axudarnos!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
-
Fiesta agua infantil 2017 from librincios on Vimeo .
-
O pasado xoves día 5 de maio por fin tivemos saída. Fomos visitar unha exposición a Afundación titulada "Vexo, vexo!, qué ves?. Entusi...