miércoles, 26 de noviembre de 2014
jueves, 16 de octubre de 2014
martes, 14 de octubre de 2014
Vexetais moi alegres
Hoxe estivemos facendo un taller de vexetais. En primeiro lugar, lemos o conto Que tal vexetal? Despois, dividímonos en catro grupos: grupo azul, grupo vermello, grupo verde e grupo amarelo. En cada un deles, había nenos/as de 3, 4 e 5 anos mesturados. Logo comezou a aventura:
- Taller de caras divertidas no Encerado Máxico. Xogamos aos xogos de Mr. Potato, Mr. Banana Head y Mr. Veghead.
- Taller de caras super divertidas. Pintamos olliños, boca, nariz, orellas e inclusive pés. Mirade que resultado tan fantástico.
lunes, 13 de octubre de 2014
Taller interactivo con hortalizas
Esta semana prestarémoslle especial atención as hotalizas das nosas hortas, para elo realizaremos 3 talleres: contacontos, estampación e elaboración de caras divertidas co ordenador . Aquí vos deixamos os xogos cos que traballaremos
martes, 23 de septiembre de 2014
CONCERTO DE MÚSICA
O pasado venres recibimos no cole a visita dalgúns dos membros da escola de música de Vincios. Ademáis de explicarnos algúns instrumentos e a súa orixe ,contáronnos un conto" A clase de Tuba "
O pasamos xenial ,cantamos , bailamos e vaia festa montamos . Aquí queda unha pequena mostra do ben que o pasamos
Moitas grazas a Escola de música de Vinciosmiércoles, 10 de septiembre de 2014
O primeiro día
E cheos das anécdotas e as aventuras que vivimos este verán damos por inaugurado o novo curso 2014-15
Bicos doces
martes, 9 de septiembre de 2014
Comenzamos !!!!
MAÑÁ ARRANCAMOS !!!!
A primeira novidade é que cambiamos de aula . Este ano estaremos na clase dos nen@s de 4 anos.
Teño moitas ganas de ver o que medrastes durante as vacacións e de achucaros un pouco , bueno ... de acucharos moito!!
A segunda sorpresa que temos este ano no Ciclo de Infantil , chegóunos en forma de profe nova , un encanto de compañeira que vai a ser a mestra dos nen@s da clase de 5 anos e que se chama ANA, mañá xa a coñeceredes. Bibi será a nova profe de apoio e Ana Rosa será a profe dos máis pequenos , os nen@s de 3 anos.
Ide preparando a mellor das vosas sonrisas .....e ... ATA MAÑÁ !!!!!!
MOITOS BICOS DE CORES
Eva
sábado, 30 de agosto de 2014
SAÍDA FIN DE CURSO
Ola pequerrechos !!!!
As vacacións xa están chegando ao seu fin e dentro de pouco imos estar todos xunt@s de novo. Este vai ser un curso maravilloso , cheo de novas aventuras e proxectos que levaremos a cabo coa maior das ilusións !!!
Cambiamos de clase , crecimos un pouco e xa non somos os peques do cole. Ide desenfundando as vosas mochilas porque o día 10 arrancamos ....
E para ir abrindo boca nada millor que recordar a última vez que nos vimos . Moitos bicos desta profe que non vos olvida.

Zaira |
MATEO |
XABIER, MARTIÑO E ADHARA |
ADHARA , ZAIRA E ANTÍA |
NICO |
ALEJANDRO |
LOIS E AMANDA |
IKER E LÍA |
ANTÍA |
ALEJANDRO E AMANDA |
NICO,LUCCA,XABIER,ADHARA E MARTIÑO |
LUCCA E NICO |
ZAIRA , EMMA E LUCCA |
lunes, 16 de junio de 2014
Unha visita moi especial
Ola a todos/as,
Hoxe tivemos unha visitiña moi especial. Viñeron a escola algúns nenos e nenas de 3 anos para coñecer o cole.
Fixemos un monte de cousas: escoitamos música e vimos bailar ao alumnado de 4º (que ben o fan!), pintamos cos dedos no encerado máxico, paseamos pola aula de informática, visitamos a nosa futura aula e as demais clases de educación infantil, lemos libros na biblioteca, pasamos a comer galletas na cociña, visitamos o comedor da escola e acabamos no mellor sitio: XOGANDO CON PÁS E CALDEIROS NO PATIO.
Estivemos encantados de que nos visitaran e esperamos que lles gustase moito a escola.
Biquiños de chocolate aos novos ratiños do cole
viernes, 6 de junio de 2014
Día do Medio Ambiente 2014
O pasado día 5 de Xuño con motivo do día do medio Ambiente , os alumnos de tres anos, xunto co resto do colexio , plantamos a nosa árbore.
A árbore elexida foi un KUMQUAT. ( naranjo enano ou naranjo chino) . Son un xénero de árbores e arbustos frutais da familia das rutáceas, estreitamente emparentados cos cítricos ,originarios da China.
Agora só nos queda cuidalo e observar como pouco a pouco vai medrando e poder degustar os seus froitos.
SAÍDA AO CINE
O pasado día 29 todo o alumnado do CEIP fomos ao cine a ver a película de Disney " FROZEM ". O tempo non nos acompañou e case non se pudo disfrutar do parque a saída , pero a experiencia de todos xuntos foi MARAVILLOSA
A película é fermosa , gustóunos tanto a grandes como a pequenos.Seguro que repetiremos !!!!
Aquí vos deixo unhas fotos deste día tan especial
Bicos

A película é fermosa , gustóunos tanto a grandes como a pequenos.Seguro que repetiremos !!!!
Aquí vos deixo unhas fotos deste día tan especial
Bicos

jueves, 29 de mayo de 2014
LETRAS GALEGAS EN 5 ANOS
Con cociñeiros coma os nosos que non se atreva a vir polo cole Chicote !!!!
Que ben o fixeron os nen@s máis maiores de Infantil .....Xa case son de Primaria e as súas mestras están encantadas con eles.
Premede na imaxe para desfrutar desta actuación tan fermosa
Que ben o fixeron os nen@s máis maiores de Infantil .....Xa case son de Primaria e as súas mestras están encantadas con eles.
Premede na imaxe para desfrutar desta actuación tan fermosa
miércoles, 21 de mayo de 2014
Alegría en 4 anos
Marabillosa actuación dos nen@s da clase de catro anos que co seu baile , e o seu ritmo contaxiaron en todos nós a súa ALEGRÍA
Parabéns !!!!
PICADE NA IMAXE PARA VER O VÍDEO
martes, 20 de mayo de 2014
Festival Letras Galegas en 3anos
O dia 15 de Maio os nen@s da clase de tres anos fixeron o seu debut no mundo do espectáculo.....
O éxito estaba garantido e non podía saír mellor. Bailaron , cantaron e sobretodo .... DESFRUTARON!!!!!
Moitos Bicos a estes nen@s deliciosos !!!
Pinchar na imaxe para ver o vídeo
O éxito estaba garantido e non podía saír mellor. Bailaron , cantaron e sobretodo .... DESFRUTARON!!!!!
Moitos Bicos a estes nen@s deliciosos !!!
Pinchar na imaxe para ver o vídeo
lunes, 19 de mayo de 2014
Saída a Melosa
O pasado mércores o alumnado de E. Infantil fumos ata a pastelería Melosa. A saída proporcionóunos dúas experiencias fantásticas. Por un lado a caminata a pé ata alí , desfrutando do fantástico día , das flores que atopamos polo camiño , os caracois , saudando os veciños e familiares que atopamos , etc
http://www.kizoa.es/Movie-Maker/d10540526k2174596o1/melosa
E por outro lado ,a experiencia pastelera que tivemos....
Aquí quero facer un pequeno fincapé, e agradecer de todo corazón o cariño co cal nos recibiron Concha , Arturo e o resto dos compoñentes desta pastelería
Fixemos pasteis , cruasants , amasamos .... e como colofón merendamos o que prepararan os nenos acompañado de zumes aportados pola pastelería.
GRAZAS de novo
Bicos Eva
viernes, 9 de mayo de 2014
GALLETAS CON CORAZÓN
Amosamos o traballo feito polo nen@s de infantil para agasallar as súas mamás nunha data moi especial. Traballaron arreo e con moita ilusión......
Decirvos que si queredes copias das fotos deste curso , pasarme un pen ou calquera outro soporte. Ireino facendo e mellor si é con tempo
Bicos
Decirvos que si queredes copias das fotos deste curso , pasarme un pen ou calquera outro soporte. Ireino facendo e mellor si é con tempo
Bicos
sábado, 3 de mayo de 2014
MAMÁ
"El parto es la única cita a ciegas en la que puedes estar segura de que conocerás al amor de tu vida "
Feliz día a todas as mamis , en especial ... a miña :)
Eva
Feliz día a todas as mamis , en especial ... a miña :)
Eva
miércoles, 30 de abril de 2014
lunes, 28 de abril de 2014
Abrazo de Oso
Hoxe comenzamos a semana do máis agarimosos , e sen máis motivos empezamos a darnos abrazos de corazón , deses que non precisan máis motivo que o de achucachar aos nosos compañeir@s.
As caras reflicten o sincero do sentimento
Bicos
As caras reflicten o sincero do sentimento
Bicos
Faltan dous osiños que hoxe non estiveron ,Mateo e Xabier , pero dende aquí ..... UN GRAN ABRAZO !!!!
sábado, 26 de abril de 2014
Saída a Gondomar
A nosa primeira saída non pudo resultar mellor. O tempo deu unha tregua ese día e todo resultóu fantástico.
A primeira parada foi na Biblioteca onde desfrutamos de dous contos a cargo de membros de ESPAZO LECTURA.
Logo merendamos tod@s xuntos no Parque da Coelleira e despois ..... Non podíamos ter un fin de festa mellor !!!!
Correndo , correndo cara ao auditorio para un espectáculo musical , as cancións do libro- cd Rosalía Pequeniña. na maravillosa voz de Uxía.
Cantamos , bailamos , rimos e sobretodo o pasamos XENIAL !!!!!!
E para que tod@s vexamos que así foi , aquí vos queda unha mostra
Tamén podedes ir ao enlace de Espazo Lectura onde atoparedes unha morea de fotos.
Bicos doces e Boa Finde !!!!

martes, 22 de abril de 2014
DÍA DO LIBRO
Hoxe é 23 de Abril, día do Libro. Nós imos festexalo cunha saída ao Auditorio de Gondomar a presentación do libro Rosalía Pequeniña e logo de merendar no parque da Coelleira , asistiremos a unha sesión de contacontos a cargo dos membros de Espazo Lectura.
FELIZ DÍA DO LIBRO !!!!!!!!
FELIZ DÍA DO LIBRO !!!!!!!!
viernes, 11 de abril de 2014
COMIDA DE CONTO
O venres día 11 de Abril fíxose na Biblioteca do cole a exposición dos traballos feitos polo nen@s arredor do proxecto traballado este ano; A gastronomía
A expectación era máxima,o aforo estaba cheo na súa totalidade , e os nervios dos debutantes a "flor de pel".
Nin que decir ten que o éxito foi rotundo ....
Aquí vos queda unha mostra do que pasóu e os vídeos dos nosos traballos : COMIDA DE CONTO
3 ANOS : TRES OSOS
Premede na imaxe para ver o vídeo :)
4 ANOS : HANSEL E GRETEL NO GALIÑEIRO
Premede na imaxe para ver o vídeo :)
5 ANOS : La casa de la Mosca Fosca
Premede na imaxe para ver o vídeo
DESFRUTÁDEO , BOAS VACACIÓNS , VÉMONOS O MARTES DÍA 22!!

jueves, 10 de abril de 2014
SAÍDA A GONDOMAR
Asistiremos invitados por Espazo Lectura , ao concerto do libro-cd Rosalía pequeniña, no Auditorio de Gondomar . O concerto estará a cargo da propia Uxía. Logo merendaremos todos xunt@s no Parque da Coelleira , a merenda e a bebida a levamos as profes, os nen@s non teñen que traer nada.
Despois de merendar asistiremos a un contacontos na Biblioteca Municipal, realizado polo equipo de voluntariado de Espazo Lectura.
Dende aquí agradecer aos membros de ESPAZO LECTURA todo o seu traballo e a ilusión que poñen en todo o que fan.
Sóamente engadir que non podíamos estar máis contentos coa eleción do libro , nin que decir ten que é o noso libro, é a nosa Rosalía e é coma nós .......PEQUENIÑA!!!!!
Bicos doces
Eva
martes, 8 de abril de 2014
CONTOS SEGUNDO TRIMESTRE
Estes son os contos que traballamos na aula durante este trimestre. Aos nen@s encántalles e os recoñecen con total facilidade.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
-
Fiesta agua infantil 2017 from librincios on Vimeo .
-
O pasado xoves día 5 de maio por fin tivemos saída. Fomos visitar unha exposición a Afundación titulada "Vexo, vexo!, qué ves?. Entusi...