E xa non queda nada... esta semaniña é a última e xa damos por rematado o curso. Un curso diferente que remata dun xeito distinto ao de todos os anos pero queremos que esta semana sexa especial e que vos deixe un bo sabor de boca para dar comezo a un período de descanso no que repoñamos pilas para voltar en setembro con máis ganas que nunca. Aquí vos vai a derradeira proposta de AL, unha proposta moi lúdica que, seguro, a todos e todas vos gustará!
Ola familias!
Presentamos a última proposta de AL para os peques. Esta vez, trátase dunha actividade interactiva moi divertida, onde os nen@s deberán darlle aos pulsadores e crear unha frase que responda ás preguntas quen, que e onde.
Foi un pracer poder seguir en contacto con todos vós a través do blogue de infantil, desfrutade moito deste verán, recargade pilas e vémonos en setembro!!!!!
Moitos bicos e achuchóns virtuais.
Accedede ao xogo neste enlace para descargar o arquivo e poder xogar despois:
No hay comentarios:
Publicar un comentario