lunes, 29 de junio de 2020

PROFE TAMI

Non podiamos acabar o curso sen despedirnos da nosa profe Tami. Aínda que agora non poida ser como queriamos, esperamos que con este vídeo che chegue todo o agarimo dos teus nenos e nenas voando voando ata que te rodee como un abrazo xigante. Grazas peques e familias polos vídeos son preciosos!



Tami querémoste moito, levámoste no corazón!!💖

Bicos a moreas para tod@s e feliz verán!💋💋💋

viernes, 19 de junio de 2020

FESTA DE GRADUACIÓN DA AULA DE 6º E.I




Hoxe é un día moi especial!!!


Queremos facer unha pequena despedia aos nenos e nenas da aula de 6º de Educación Infantil como ben se merecen.


Son moitos os momentos vividos durante estos tres anos, momentos especiais de cada un dos nosos peques, e aínda que esta situación non nos permite facer unha festa en condicións non queremos que se queden sen a súa homenaxe.


Que rápido pasou o tempo e canto cambiastes!!


Acordádesvos destes momentos??


Pero o que máis vos gustou de infantil foi....


Desexámosvos o mellor para esta nova etapa da vosa vida que empeza...


Gozade do verán.
As profes de infantil mandámosvos todo o noso cariño, estamos moi orgullosas de todos e todas vos.


Mil biquiñossss


jueves, 18 de junio de 2020

FOGARES CONECTADOS, XOVES 18 DE XUÑO


E para despedirse... a artista Reni mándanos a fotos da súa obra de arte:
 Unha alfombra de flores de cores!! Que bonita!!



Moitas grazas 


Grazas

Boas tardes a todos/as:

Hoxe toca despedirse deste curso tan "diferente" e só podemos darvos as grazas por estar ao outro lado da pantalla. Grazas por as vosas mensaxes de agarimo, grazas por enviar as fotos para que todos/as puidéramos sentirnos un pouquiño máis preto, grazas por acoller a nosas propostas e parabéns! Parabéns porque sabemos o esforzo que supuxo chegar ata aquí. Esperamos que o curso que ven poidamos darnos unha aperta ben grande. Bo verán a todos/as!!

Deixámosvos este vídeo con todo o noso agarimo, esperamos que vos guste. Para velo clicade no seguinte enlace.




Bicos a moreas 💋💋💋
As profes de Educación Infantil.

miércoles, 17 de junio de 2020

ANIVERSARIOS DE VERÁN DA AULA DE 5 ANOS


Hoxe  tócanos felicitar aos nenos e nenas de 5 anos que están de aniversario neste verán. PARABÉNS!!


Moitos bicos e abrazos por eses 6 aniños de parte de tod@s @s compis e profes!!!






Adicámosvos esta canción.




martes, 16 de junio de 2020

ANIVERSARIOS DE VERÁN DA AULA DE 4 ANOS

Hoxe os deixamos os aniversarios dos nenos e nenas da aula de 4 anos que cumpren anos neste verán. Parabéns chic@s!! Agardamos que cando chegue o día o festexedes como se merece.

Adicámosvos esta canción.



Bicos a moreas!💋💋💋



lunes, 15 de junio de 2020

ANIVERSARIOS DE VERÁN DA AULA DE 3 ANOS

Queremos felicitar tamén a todos os nenos e nenas que cumpren anos en verán...Mirade cántos son os que naceron nesta data veraniega. Parabéns a todos e millóns de biquiños de cores!


Esta canción vai adicada a tod@s vos!!





domingo, 14 de junio de 2020

PROPOSTA DE AL


E xa non queda nada... esta semaniña é a última e xa damos por rematado o curso. Un curso diferente que remata dun xeito distinto ao de todos os anos pero queremos que esta semana sexa especial e que vos deixe un bo sabor de boca para dar comezo a un período de descanso no que repoñamos pilas para voltar en setembro con máis ganas que nunca. Aquí vos vai a derradeira proposta de AL, unha proposta moi lúdica que, seguro, a todos e todas vos gustará!


Ola familias!
Presentamos a última  proposta de AL para os peques. Esta vez, trátase dunha actividade interactiva moi divertida, onde os nen@s deberán darlle aos pulsadores e crear unha frase  que responda ás preguntas quen, que e onde.
Foi un pracer poder seguir en contacto con todos vós a través do blogue de infantil, desfrutade moito deste verán, recargade pilas e vémonos en setembro!!!!!

Moitos bicos e achuchóns virtuais.

    Accedede ao xogo neste enlace para descargar o arquivo e poder xogar despois:

viernes, 12 de junio de 2020

FOGARES CONECTADOS, VENRES 12 DE XUÑO




 HOXE COMPARTIMOS A FOTIÑO DE NAIRA

Mirade! Aquí temos outra augamar feita por Naira! Que bonita!





Moitas grazas por compartir esta actividade connosco




E o conto é...


Nadarín!!! 
Sii, seguro que moitos de vós adivinástelo!! Tratáse do conto de Nadarín... É un conto que demostra que a unión fai a forza e o pez pequeno non sempre debe temer ao grande. Moitas veces nos esquecemos do valor da cooperación para superar os medos.

Clicade no seguinte enlace para ver se vos gusta este conto especial.
Nadarín

Bicos a moreas 💋💋💋

jueves, 11 de junio de 2020

FOGARES CONECTADOS, XOVES 11 DE XUÑO

Hoxe mándannos fotiño...


NAIRA:

Que fixo un fermosísimo móbil de peixiños de cores... Encántannos Naira quedoute precioso!






RENI:

Que quixo facer unha homenaxe aos océanos deste xeito tan orixinal e bonito... Mirade que mural tan chulo cheo de diversas especies mariñas... Non nos pode gustar máis Reni!



MIA:

Que compartiu unhas fotiños ensinándonos as cousas que soe facer nestes días por casa... e nalgunha aparece con alguén que tamén coñecedes... a ver se adiviñades quen é!


 

 

 


Graciñas unha vez máis familias... Estades facendo moi bo traballo dende as casas... Moito ánimo que xa queda pouquiño para tomar unhas merecidas vacacións!

MÓBIL MARIÑO DE PEIXES

E aquí vos traemos a última pista para que poidades adiviñar de qué conto vos estamos a falar.... A qué moitos e moitas xa sabedes de qué conto se trata?... Ainsss pero qué listos e listas sodes!. 
A ver, imos a facer reconto... o primeira pista falaba de anémones, a segunda pista traía unha augamar....Pero para aqueles que aínda non o teñades claro aquí vos vai a terceira e última pista... un banco de peixes vermellos.
Este banco de peixes volo mostramos en formato de móbil mariño por se vos animades a facelo e o colgades de decoración veraniega nos vosos cuartos ou noutro sitio que vos apeteza telo!






E esta sería entón a nosa terceira pista para adiviñar o conto...un banco de peixes vermellos...



Noraboa aos que xa tedes a resposta e os que aínda non , non vos preocupedes porque tedes tempo ata mañá. Moito ánimo que seguro que o conseguides!


VIDEO DE BANCO DE PEIXES



miércoles, 10 de junio de 2020

FOGARES CONECTADOS, MÉRCORES 10 DE XUÑO

NUNO
Chegaron fotiños de Nuno e tamén algúns videos onde podemos ver o moito que traballaron o tema do reciclaxe...Moi ben familia cantas actividades fixéchedes...

 Unha placa para a súa bicicleta con un tambor de deterxente

 

O xogo da rá con rolo de papel hixiénico


Unha zodia coa cámara dun neumático vello e un trozo do bote do gel de baño.



Un cohete espacial con cartóns


 E quixo compartir uns videos:
Aquí o tedes facendo unha maceta e plantando zanahorias



E aquí facendo un comedeiro de paxaros


Nuno es un campión! Noraboa por todo o teu esforzo e traballo! 💖


PAULA
E aquí temos a outra artista! Mirade, mirade! Con flores e follas secas fixo este precioso collage. Ese xeado é ben merecido! Noraboa Paula!🍦

ILIE

E tamén xa temos a primeira augamar!! Ilie, quedouche xenial! Encántanos ver que vos gustan as propostas das profes! Noraboa campión!😍


Moitas grazas por compartir connosco estes momentos.
Bicos a moreas 💋💋💋


Augamar

Bos días purrusquit@s!!
Pois seguimos coas pistas... por aquí ven unha medusa que tamén aparece no conto.
Que? Os facedes unha idea? Anémone, augamar... mmm volo estamos poñendo moi difícil! Pero é un conto que moitos de vos coñecedes porque xa o contamos no cole. Veña, veña seguide pensando e mentres aquí vai a proposta de hoxe.










 E aproveitando que estamos na semana dos Océanos non esquezades o que nos recorda Greenpeace.

Sabedes que se tiras mascarillas ou guantes ao chan poden chegar ao océano? Sabes que tardan máis de 100 anos en degradarse?
Dende greenpeace alértannos do aumento do plástico dun solo uso polo COVID-19 e da necesidade de responsabilizarnos dos residuos que xeramos.🐟

Aquí tedes máis información Greenpeace.

Bicos a moreas 💋💋💋





martes, 9 de junio de 2020

ANIVERSARIO ALICIA


HOXE TÓCANOS FESTEXAR O ANIVERSARIO DE ALICIA!!!

Parabéns!! Esperamos que teñas un día moi especial!!

Moitos bicos e abrazos por eses 6 aniños de parte de tod@s @s compis e profes!!!


Dedicámosche esta canción:



SEMANA DEDICADA AOS NOSOS OCÉANOS



O NOSO OCÉANO É O NOSO FUTURO

Onte, luns 8 de xuño celebrouse o "Día Mundial dos Océanos", e as profes ocorréusenos prepararvos unha sorpresiña.

O venres queremos contarvos un conto relacionado con este tema, por iso ao longo da semana darémosvos pistas para ver se adiviñades de que conto se trata...

Hoxe empezamos por esta anemone que aparece no conto.. Propoñémosvos  que a fagades como manualidade... Mirade que chula!!!










lunes, 8 de junio de 2020

SESION DE AL




Que tal familias?

Aquí estamos unha semana máis coas nosas propostas de AL, esta vez, consta dunha actividade para traballar a comprensión lectora, SI, SI estades lendo ben, a comprensión lectora, pero tranquilos que non pretendemos que os peques xa lean, trátase dunha comprensión, pero no lugar dun texto, ímolo facer a través dunha imaxe. Os nen@s teñen que ver o debuxo e contestar as preguntas que se lle formulan.
A ver que tal sae!!!


CLICADE AQUÍ PARA ACCEDER AO PDF:



viernes, 5 de junio de 2020

FOGARES CONECTADOS, VENRES 5 DE XUÑO

Hoxe traemos fotiños de dúas nenas que estiveron facendo propostas desta semana verde.


NAIRA:

Realizou a proposta do xogo da rá e mirade que chula lle quedou...Bó traballo, Naira!





RENI:

Que atendendo a proposta que fixemos hoxe plantou un loureiro. Agora toca regalo e coidalo con moito agarimo para que creza moito para traelo ao cole en setembro. Veña Reni que tí podes!

















Graciñas chicas por axudarnos a coidar o Medio Ambiente!. Que todas e todos teñades unha fantástica fin de semana!. Biquiños a mares...