martes, 20 de octubre de 2026

VENDIMA EDUCACIÓN iNFANTIL 2026


 

Dando á benvida ao mes de outubro e a recente chegada do outono, en infantil quixemos celebrar o obradoiro da Vendima este curso un pouquiño diferente. En vistas do tempo tan cambiante que temos nestas datas aproveitamos as nosas aulas tan amplias para convertelas en recantos preparados para vendimar e para coñecer un pouquiño máis dunha tradición popular que tan arraigada temos en Galicia.

Mesturados por idades, como facemos nos nosos obradoiros de ciclo, acompañamos ao alumnado novo no cole (os peques de 3 aniños) para que desfrutaran deste momento que tanto nos gusta aos nenos e nenas de educación infantil. 

Mirade que ben que o pasamos!!

 

 

lunes, 22 de junio de 2026

Graduación 6º EI

 Celebramos a graduación do alumnado de 6.º de Educación Infantil nun acto cheo de emocións, no que familiares e compañeiros compartiron este momento tan especial e gozaron dunha interpretación musical de «A la guerra yo no voy».



viernes, 15 de mayo de 2026

Obradoiro de Maio

Maio tráenos a primavera en todo o seu esplendor, polo que é o momento adecuado para pasalo ben cos elementos do entorno acercándonos as nosas tradicións.

Cada conmemoración convértese nunha oportunidade para aprender dun xeito lúdico, crear recordos e seguir medrando xuntos.




jueves, 14 de mayo de 2026

Visita da policia

 Hoxe en Infantil vivimos unha mañá moi especial coa visita da Policía Local, unha experiencia chea de aprendizaxes e ilusión para os nosos peques. Coñecer de preto o traballo que realizan, ver o seu uniforme e descubrir como nos axudan no día a día foi algo que espertou moita curiosidade e entusiasmo entre todo o alumnado.

Algo que nos encanta en Infantil é ter visitas dos familiares dos nosos peques, e esta vez foi compartida por todo o alumnado de infantil. Grazas a Eloy por compartir este ratiño con nós e facer dunha mañá normal algo moi especial.

A través desta visita, os nenos e nenas puideron aprender sobre a importancia de respectar as normas, coidar dos demais e valorar o traballo das persoas que velan pola nosa seguridade. Sen dúbida, foi unha xornada para lembrar!



Saída ao Teatro

 O pasado 5 de maio acudimos ao teatro AFUNDACIÓN para gozar dunha obra de monicreques infantil.

A historia captou a atención dos pequenos e aínda que non puidemos acudir ao parque foi unha excursión que nos gustou moito.




 

viernes, 27 de marzo de 2026

Exposición da Biblioteca




 Este trimestre o alumnado de Infantil encargouse da exposición da biblioteca.

Se queredes descubrir o noso traballo só tedes que escanear os códigos do mapa e mergullarvos nas lendas das nosas provincias.