viernes, 24 de mayo de 2019

Eleccións en Infantil

Hoxe nas asambleas de 4 e 5 anos xurdiu o tema das eleccións.
Entre todos fixémonos unha idea do que era "votar" pero... o certo é que o significado deste acto tan importante é vivilo en primeira persoa, polo que montamos unhas votacións
- Creamos a mesa electoral
- Cubrimos as nosas papeletas
- Dimos mitins a favor das dúas opcións
- Buscamos o nosos identificativo ou DNI
- Facemos cola por votar
- Realizamos o renconto
-Somos consecuentes ca decisión da maioría

miércoles, 15 de mayo de 2019

Día da Familia 2019

O 15 de maio celebráse o Día da Familia. Aínda que non é tan popular como outros días que tamén se celebran ao largo do ano, no cole dámoslle unha importancia especial xa que todos temos unha familia na que arrouparnos e coa que compartir momentos especiais. 
Este ano celebramos este día cuns obradoiros nos que fixemos os agasallos que posteriormente levaríamos ás casas...Da man dos contos "Un puñado de botones" e " Cartas en el bosque" demos comezo aos obradoiros e este foi o resultado.
 Feliz Día da Familia para todos!!!


jueves, 2 de mayo de 2019

Reforestación

O pasado 12 de abril todos os alumnos do cole fomos o Monte Galiñeiro para plantar diferentes árbores autóctonas para lograr que o noso monte volva a ser verde.
 A tarefa foi realizada ca axuda dos padriños lectores , foi unha marabillosa xornada de convivencia e concienciación.

Todos nós queremos un monte verde.